Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

"A ledicia de compartir" Carta Pastoral no Día do Corpus Christi

viernes, 08 de junio de 2012
Carta Pastoral no Día do Corpus Christi
Xuño 2012
A ledicia de compartir
Queridos diocesanos:
A solemnidade do Corpus Christi conciéncianos do que a
Eucaristía significa para a nosa vida cristiá. Xesús dinos: “Se non comedes a
carne do Fillo di Home e non bebedes o seu sangue, non teredes vida en vós”
(Xn 6,53). Neste contexto, unha das antífonas do oficio de Lecturas deste día
reza así: “Para que non vivades separados, comede o que é vínculo da vosa unión; para
que non vos estimedes en pouco, bebede o voso prezo”1. O Corpo de Cristo é o
vínculo que nos mantén unidos, e o Sangue de Cristo, prezo da nosa salvación,
é o referente para valorar a nosa dignidade. Como escribe o apóstolo Pedro, “e
aínda que lle podedes chamar Pai ao que xulga con imparcialidade as obras de cada un,
comportádevos con respecto durante o tempo do voso peregrinar. Porque xa vedes que
non vos rescataron dese tipo idolátrico de vida, que recibistes dos vosos pais, con algo
perecedoiro, tal coma ouro ou prata; senón que vos rescataron co precioso sangue de
Cristo, Año sen defecto nin tacha.” (1Pe 1,17-19). Comer o Pan de Vida fortalece a
nosa fraternidade e beber o Sangue de Cristo recorda o amor infinito con que
Deus nos ama.
Na aparición do Señor Resucitado os apóstolos “tolos de contento e
sen saíren do seu asombro non acababan de crer” (Lc 24,41). Ante esta situación
dilles: “Tedes por aí algo que comer?. Déronlle un anaco de peixe asado. El colleuno e
comeuno diante deles” (Lc 24, 41-42). O Papa fai unha significativa reflexión a este
propósito cando comenta: “Xesús resucitado congrega aos seus comendo con eles
o sal. No Antigo Testamento comer en común pan e sal, ou tamén só sal, serve
para selar sólidas alianzas. O sal considérase como garantía de durabilidade...
Comer o sal de Xesús despois da resurrección, que deste modo se nos mostra
como signo da vida nova e permanente, fai referencia ao banquete novo do
Resucitado cos seus... A clave misteriosa de comer sal expresa un vínculo interior
entre a comida anterior á Paixón de Xesús e a nova comida da cea do Resucitado: El dáse aos seus como alimento e así os fai partícipes da súa vida,
da Vida mesma”2
Participar na Eucaristía é compartir o Sal da Vida do Resucitado e
ese sal fai que non nos corrompamos, nin nos disgreguemos, nin nos
depreciemos. Pero é preciso que o sal non perda o seu sabor en nós. Neste
sentido San Paulo sublíñanos: “Rógovos, logo, irmáns, pola misericordia de Deus,
que ofrezades os vosos corpos como sacrificio vivo, santo, grato a Deus: coma o voso
culto espiritual” (Rom 12,1). Ao reunirnos en torno ao altar de Deus que é fonte
de gozo e de alegría, os froitos da unidade e do aprecio xermolan
espontaneamente de diferentes formas, dándonos conta de que o noso valor é
moi grande aos ollos de Cristo. A Eucaristía, misterio da fe, é o sacramento da
nova e eterna Alianza que nos mantén na unidade. Pono de relevo a pregaria
eucarística segunda cando di: “Celebrando agora, Señor, o memorial da morte e
resurrección do teu Fillo, ofrecémosche o pan de vida e o cáliz de salvación...
Pedímosche humildemente que o Espírito Santo congregue na unidade aos que
participamos no Corpo e no Sangue de Cristo”.
A participación eucarística transforma as nosas relacións cos
demais e fai que sexan relacións de aprecio, de xustiza e de paz. Aquí a Igrexa
encontra a razón de celebrar nesta solemnidade o Día da Caridade que segundo
o Beato Xoán Paulo II “non pode deixar de abranguer ás inmensas multitudes
de famentos, mendigos, sen teito, sen coidados médicos e, sobre todo, sen
esperanza dun futuro mellor: non se pode esquecer a existencia desta realidade.
Ignoralo significaría parecernos ao rico epulón que finxía non coñecer ao
mendigo Lázaro, prostrado á súa porta (cf. Lc 16,19-31)3. Neste espírito o lema
desta xornada indícanos: “vivamos sinxelamente, para que outros,
sinxelamente poidan vivir”. Sexamos xenerosos non só co que nos sobra senón
tamén co que poidamos necesitar para que outros necesiten menos do que están
a necesitar. Sintamos a alegría do compartir. “Na época da globalización, a
actividade económica non pode prescindir da gratuidade que fomenta e estende
a solidariedade e a responsabilidade pola xustiza e o ben común nas súas
diversas instancias e axentes”4.
Sen vitalidade eucarística constante só nos quedan as aparencias de vida cristiá.
A Eucaristía, vivida e celebrada, esíxenos un compromiso de fraternidade que
“se traduce inevitablemente en xestos e signos de esperanza”. O compromiso
cristián é crear un estilo de vida apoiado na verdade que nos fai libres e na
caridade que supón a xustiza, e non abandonar os pobres xa que isto levaría
consigo esquecer o máis auténtico da gratuidade de Deus.
Saúdavos con todo afecto e bendice no Señor,

Barrio Barrio, Julián
Barrio Barrio, Julián


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES