Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Casa Leiro

jueves, 17 de febrero de 2005
"Sorpresas te da la vida", que di a canción. A miña sorpresa ven de observar nun xornal a foto dun establecemento chamado CASA LEIRO, que anuncia vender "Productos galegos de calidade", así, en galego.

Aquí, na terra, en Galicia, aínda seguen a ser minoría os establecementos que teñen os rótulos en galego, polo que Casa Leiro tería andado xa un bo treito en canto á normalización do idioma e xa merecería mención especial.

Pero Casa Leiro non está dentro do territorio galego senón en Barcelona, cidade que disputa a Bos Aires o título de "quinta provincia galega", que sen dúbida ámbalas dúas merecen.

Lembro que hai máis de trinta anos, o escritor Manuel Rodríguez López, que Deus seguro ten de cronista no ceo dos galegos, me dicía que o vivir en Catalunya facía que se sentise máis galego que se estivese aquí en Galicia. Os cataláns teñen tan acendrado sentido da catalanidade, que os que alí viven, se teñen outra procedencia, e se esta procedencia ten tan forte personalidade como a nosa, ven reforzado este espíritu, e son máis galegos entre os cataláns. Dunha banda, para garantir a supervivencia da súa cultura; doutra, por puro orgullo patrio de saberse valorados na súa diferencia.

Eso sentino eu cando fun dar unha conferencia á sala que Sotelo Blanco tiña no edificio da Pedrera hai uns vinte anos, con motivo do "Día das Letras Galegas". Acompañábame na mesa o amigo Manuel Rodríguez, e eu falei en galego coidando ser galego todo o meu auditorio.

Cando chegou o momento das preguntas, todos interviñeron en catalán, e ben deitei de Manolo para respostar, en galego por suposto. Habería, supoño, galegos que exercían de cataláns, e cataláns que tiñan curiosidade polo feito galego.

Os galegos de fora dan leccións ós galegos de dentro. Os galegos de dentro, moitas veces, botámonos fora co noso abandono, co noso menosprecio pola riqueza cultural que atesouramos.

Saúdos a Casa Leiro, que aguanta o tipo na zona do Carmel barcelonesa, que eles axudan a facer tamén galega. Saúdos a Casa Leiro, e que aprendamos a lección que desde Catalunya nos chega.

Manuel Rodríguez, entre as obras que nos legou, deixounos "Galegos en Catalunya", como crónica do traballo das nosas xentes nas terras catalanas.

Se hoxe a fixera, seguro que habería un lugar para Casa Leiro.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania