Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caviar e marisco

miércoles, 06 de junio de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Na bocanoite do pasado domingo estiven vendo na T.V. outro “esperpento” máis dos que veño escribindo. Jordi Evole entrevistou no seu programa “Salvados” á portavoz do PP da comisión de emprego no Congreso Carme Álvarez-Arenas e á súa homóloga “socialista” Concha Gutierrez.

Ao longo da entrevista a deputada conservadora sae cunha “metáfora” : “....no hace falta comer marisco y caviar para estar bien alimentado...” Foi patético o que escoitei entre as dúas señoras, asemellaban a dúas colexialas votándose a culpa unha á outra en relación ao paro que temos neste país..

¿Cando se daran conta que non lles pagamos para dicir necidades abondo?. Pagámoslles para que resolvan os graves problemas que temos de emprego. ¿Como é posible que alguén que está no Congreso diga semellante animalada?. Demostrouse o alongadas que atópanse da realidade e do moito que estamos a padecer os cidadáns por culpa de tanta imbecilidade.

Estiveron debatendo sen crerse ren do que dixeron; mentiras que intentan facer crer sen ningún remordemento, son xente sen moral e pobres de espírito. Foi unha auténtica vergoña o destas dúas deputadas, viven nunha burbulla entre os leóns do Parlamento, mentres o resto dos “paganos” sufrimos as súas políticas inhumanas e inmorais.

Se alguén se atopa en paro pensa que estas “pescantinas” (co debido respecto ás pescas) lle vai solucionar algo, é que somos parvos de remate ou alguén que traballe pensa que está seguro, cómpre dicir que o levamos moi claro, coido que vai ser necesario facer un ERE no Parlamento senón a seguir disfrutando do fútbol.

A deputada conservadora co do caviar e do marisco deume a sensación que estivo emulando a María Antonieta: “...si no tienen los pobres pan, que coman pasteles”. Desta maneira comezou a Revolución Francesa.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES