Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por terras do Deza

jueves, 31 de mayo de 2012
Por terras do Deza Viaxamos, este martes, a terras da comarca do Deza, En Lalín, pasando pola parroquia de Santiago de Catasós, onde se atopa a súa famosa carballeira, déusenos unha ampla explicación do que supón este bosque autóctono, dos pouquísimos que quedan en Galicia. Ten unha extensión de non máis de cinco hectáreas. É un bosque mixto, de castiñeiros e carballos. Algúns dos seus exemplares son os máis importantes de Europa, polas súas dimensións e lanzalidade. Tamén posúe varias variedades de plantas e animais que están en perigo de extinción, concretamente, unha variedade de narciso e unha vacaloura.

Independientemente do seu valor medioambiental, é unha delicia que deleita o espíritu pasear polo seu interior, das poucas que aínda podemos disfrutar en Galicia.

Por aquí tamén pasou Foucellas e Pepa a Loba. Esta última, figura mítica do bandoleirismo galego, desde finais do século XIX que, segundo a lenda, acadou gran fama roubando a caciques e cregos. Personaxe que vai da realidade á lenda, e da tradición oral ao testimonio escrito. Trátase dunha figura sobranceira, protagonista de textos narrativos e históricos.

Pasamos, asimesmo, por Cea, terra de pan, polbo e carne ao caldeiro, camiño de Oseira. O seu é o segundo mosteiro máis antigo de Galicia. Foi mandado construír polo rei Alfonso VII, en honor de San Bernardo, aló polo ano 1.130. No ano 1.552, foi destruído por un incendio, provocado por un raio. No 1.837, sofre o abandono, coa desamortización. No 1.929, monxas procedentes de Francia, refundan o mosteiro.

Outro dos puntos da nosa visita foi o Carballiño, onde fixemos unha parada técnica.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES