Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe a Leiras Pulpeiro

lunes, 28 de mayo de 2012
V XORNADAS DO PEREGRINO- HOMENAXE A MANUEL LEIRAS PULPEIRO, con motivo do 100 aniversario do seu pasamento.

As Xornadas do Peregrino, xurdiron a raíz da visita da asociación “Abrindo Camiño” a cidade do Vaticano e a Roma fai cinco anos, organizada pola Agrupación Caminos de Europa. Téñense celebrado en distintos concellos das Comarcas de A Mariña e a Terra Chá ( xa que na nosa asociación hai directivos de concellos desas comarcas).

Neste ano facémolas coincidir coa celebración da XXII Romaría na Area Recreativa de A Fervenza de Viloalle, festa que organizaba a antiga Aso. Leiras Pulpeiro e que xurdiu a raiz da recuperación desa zona, e que a actual aso. Abrindo Camiño (refundación da antiga aso. Leiras Pulpeiro) seguimos celebrando todolos anos en colaboración co Concello de Mondoñedo, para tratar de mantela nas mellores condicións posibles sobre todo na época de verán. No programa das V Xornadas, tratamos de facer un recordatorio homenaxe a Manuel Leiras Pulpeiro co gallo do centenario do seu pasamento e adicala como tódolos anos a unha aso. do Camiño Norte (niste ano a aso de Güemes-Cantabria e en especial o seu presidente Ernesto Bustio. Medalla de ouro do traballo na modalidade de cooperación Internacional e Premio Elías Valiña 2012 da Xunta de Galicia) e que ademais nos sirva para seguir reivindicando a Variante Marítima do Camiño Norte que discorre polas parroquias de Oiran , Masma e Viloalle no termo de Mondoñedo.

A Ruta Turistico-Cultural- Etnográfica “Leiras Pulpeiro”é un proxecto co obxetivo de axudar a dinamizar a cultura e o turismo en Mondoñedo e para poñer en valor unha serie de recursos etnográficos e paisaxísticos do barrio do Coto da Recadieira que tamén redundará en beneficio de tódolos mindonienses e visitantes que se poidan achegar a estes lugares (a ponte colgante sobre o río Tronceda, as antigas fábricas de electricidade “A Mindoniense” e os seus elementos ubicados na area recreativa de A Fervenza, a fonte de augas medicinais sulfurosas e o Castro da Pena do Unto).

RUTA TURISTICO-CULTURAL-ETNOGRAFICA “LEIRAS PULPEIRO”
PROPOSTA DE ITINERARIO DA RUTA “LEIRAS PULPEIRO”

SAIDA DESDE a Oficina de Turismo na Praza da Catedral- Rúa Progreso- Praza do Concello- Rúa Concepción- Rúa Pacheco- Rúa Leiras Pulpeiro (Casa Vital)- Praza de Jaime Cabot (Centro cultural do escritor)- Rúa Marina Mayoral- Avda San Lucas- Rúa Bispo Sarmiento- Rúa Bispo Guevara- Rúa Julia Pardo (Cemiterio Vello- panteón de Leiras Pulpeiro)- Avda Eladio Lorenzo- Barrio de San Lázaro- Coto da Recadieira
( Ponte Colgante sobre o río Tronceda- Area Recreativa de A Fervenza- Fonte de Augas Mediciñais-Castro da Pena do Unto)
VOLTA A MONDOÑEDO por San Lazaro- Rúa do Camiño Norte- Rúa Pardo de Cela e Praza da Catedral

NECESIDADES DA RUTA:
Confección de Tripticos divulgativos
Señalización da Ruta
Confección de Cartel con deseño do croquis e fotografias mais relevantes:
Panel fotográfico na entrada da Ponte Colgante sobre o río Tronceda
Panel informativo na Fonte de Augas Mediciñais
Panel informativo no Castro de Pena do Unto
Carteis señalizadores o longo da Ruta…

Actuacións. Obras na Ruta Leiras Pulpeiro.
No entorno da Ponte colgante sobre o río Tronceda e na Area Recreativa de A Fervenza:
Limpeza e confección de escalóns de comunicación entre a Ponte colgante e a Area de A Fervenza. Colocación de barandillas e quitamedos.
Limpeza da Piscina Fluvial. Repaso de pinturas da barandilla e colocación dun tobogán. Posible colocación doutros elementos: columbios para os nenos, aparatos ximnásticos…etc
Amaño dos baños dos vestuarios e pintura antióxido dos ferros do merendeiro.
¿Posible posta en valor etnográfico da antiga fábrica de luz “A Mindoniense”?
Fonte de Augas Mediciñais:
Limpeza do entorno e amaño da baixada a fonte. Adecentamento dos asentos entorno a fonte. Posible colocación de verxa ornamental.
Castro da Pena do Unto:
Limpeza do entorno con posible corta de eucaliptos e replantación doutros árbores ornamentais. Recuperación da cova de entrada o castro. Amaño e limpeza do camiño de comunicación da Fonte Mediciñal co Castro de Pena do Unto.

Avance de Programa V XORNADAS DO PEREGRINO

Datas de celebración 6, 7 e 8 de xullo de 2012.

Venres 6 de xullo. Mesa Redonda: “Manuel Leiras Pulpeiro”: A persoa, O médico dos pobres. O poeta. O Cantor de Galicia. O remate actuación da Coral Mestre Pacheco.

Sábado 7 de xullo.O Albergue do “Abuelo Peuto” en Güemes-Cantabria, un faro no Camiño Norte de Santiago.Recoñecemento-homenaxe a Ernesto Bustio Crespo.
Disertación sobre a sua labor en Güemes . Proxección audiovisual das suas vivencias e actuacións en distintos países do mundo.
O remate actuación musical.

Domingo 8 de xullo.
Inauguración e recorrido da Ruta Turistico Cultural e Etnográfica “Leiras Pulpeiro”.
O remate celebración da XXII Romaría na Area Recreativa de A Fervenza de Viloalle a carón do camiño Norte de Santiago.
Misa na Capela da Ferrería de Viloalle na honra de Nosa Sra do Camiño oficiada por Ernesto Bustio.
O mediodia Xantar campestre amenizado por grupos de gaitas e celebración de Xogos Populares: Torneo da Chave por parellas e Xogos Acuáticos na Piscina Fluvial.
Fernández Ansedes, Luis
Fernández Ansedes, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES