Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O currículum vitae debe ir acompañado

jueves, 24 de mayo de 2012
O CURRÍCULUM VITAE DEBE DE IR ACOMPAÑADO DA CARTA DE PRESENTACIÓN

Unha carta de presentación ben estruturada, acompañando o currículum vitae, aporta valor e crea identidade.

A carta, é o adianto de algo interesante, que ven a continuación, que é o currículum vitae; nese sentido, debe xerar interese, e curiosidade a persoa que o vai a ler.

A súa misión básica, é a de transmitir profesionalidade e de espertar interese por o currículum vitae. É difícil que te contraten soamente por a carta, esta está aí para sumar inputs positivos, e transmitir esa sensación de profesionalidade, que debe de dar un candidato dez.

A carta debe de ser corta, clara, directa e concisa, nela deben de ir catro apartados fundamentais. Cada un deles, ten a súa función específica.

1. Introdución: aquí faise referencia o posto de traballo no que se está interesado (por exemplo, xefe de produción), e ónde está anunciado (por exemplo, Moster.es).

2. Núcleo: é o lugar onde deben de ir os puntos fortes do solicitante, relacionados coas competencias que demanda o posto de traballo.

A continuación deben de ir un par de frases que expliquen o que se está realizando nese momento, que é o que se quere, e que valor se pode aportar a organización.

Tratase de proxectar unha visión concisa de dicir, quén es, cómo es, qué fas, qué queres e qué valor podes aportar de forma específica a empresa. Debes de aportar algo en concreto, que te diferencie dos demais candidatos.

3. Cerre: este espazo debe de ir encamiñado , suxerindo de forma educada, a posibilidade de ter unha entrevista persoal. O texto pode ser o seguinte: “Quedo a súa disposición, para concertar, si o cree adecuado, unha entrevista persoal”.

4. Despedida: despedirse sempre dun modo formal e educado, de forma sutil podes solicitar unha resposta: “esperando a súa resposta”.

Non utilices a frases feitas do tipo: “sen outro particular, se despide”. Estes formalismos son coma curtocircuítos e restan valor o resto do escrito.

Asina sempre a carta. A firma, e a súa situación no texto, di moito do solicitante.

Erros que non se deben de cometer nunha carta de presentación:

1. Perderse en extensión. Non debe de superar más de dez liñas.

2. Solaparse ou repetirse co currículum. Non digas na carta o que dis no currículum vitae. Se o fas réstaslles méritos o currículum.

3. Evitar que sexa un xenérico. É dicir, cada carta debe de estar personalizada, de acordo o posto convocado. Hai quen fai un modelo de carta e un modelo de currículum, e logo decide mandalos de forma xenérica a todas as ofertas, esa é unha perda de tempo, de diñeiro, de gastar enerxías de forma inadecuada que vai a traer consigo desánimo e frustración.

4. Mentir, o facer referencia a datos que no se axustan a realidade. A sabedoría popular ensínanos moito neste tema, cando di que “se colle antes a un mentiroso que a un coxo.

A hora de buscar emprego, a veces, non fai falta que apareza a oferta de traballo. Hai un sistema chamado “auto –candidatura”, que sen existir a oferta, unha persoa pode dirixirse a empresa indicando o seu interese para poder traballar nela. Pódese utilizar o mesmo formato da carta, axuntando o currículum vitae.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES