Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mondoñedo unido

miércoles, 23 de mayo de 2012
En Asamblea da Plataforma "Mondoñedo Unido" celebrada o luns 21 de maio as 20 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, referente ao punto da orde do día de: Proposta de nomeamento e Votación para a elección de representantes da Plataforma "Mondoñedo Unido" na Comisión de Seguimento por un Futuro Industrial para a Comarca de Mondoñedo e na Comisión de Seguimento para a continuidade dos Xulgados e do Partido Xudicial de Mondoñedo, foron propostas as seguintes persoas pola Coordinadora da Plataforma “Mondoñedo Unido”
Comisión do Xulgado:

Representante da Plataforma “Mondoñedo Unido”
Xosé Ruiz Leivas da Aso. Amigos da Cidade de Mondoñedo
Equipo de apoio suplente:
José Luis García García da Aso. Veciñal de Figueiras.
Jesús Chao Falcón das Asos. Amigos de Mondoñedo- Abrindo Camiño.

Comisión de Seguimento Industrial:
Representante da Plataforma “Mondoñedo Unido”
J. Luis Fernández Ansedes da Aso. “Abrindo Camiño” de Mondoñedo
Equipo de apoio suplente:
Alfredo Rodriguez Alvarez das Asos AMOLOU do Instituto San Rosendo e PROMOLOU de Productores de Madeira de Lourenzá.
Angel Marful Castañal de ACIAM Aso de Comerciantes Industriais e Autónomos de Mondoñedo.
Isidro Fernández Rubal .Colaboración persoal

ACORDOUSE POR UNANIMIDADE das persoas asistentes refrendar as propostas da Coordinadora.

Outros acordos son a de xestionar unha visita á Planta de Biomasa de Tineo o sábado 23 de xuño e invitar as asociacións que queiran sumarse os traballos da posta en valor da Ruta Turistica –Literaria-Etnográfica “Leiras Pulpeiro” que se están realizando no entorno do Coto da Recadieira a carón da Ponte Colgante sobre o río Tronceda, na Area Recreativa de A Fervenza, na Fonte de Augas Mediciñais e no Castro da Pena do Unto. Este xoves tense previsto un encontro con mandatarios da Deputación Provincial de Lugo para expoñerlles o proxecto e solicitarlles a sua colaboración.

Tamén se informa que o luns 4 de xuño as 11,30 horas na Casa do Concello de Mondoñedo se fará entrega das sinaturas recollidas en demanda de industrias para a nosa Comarca, acompañada dunha carta dirixida ó Sr. Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia. E notificar a adhesión a Plataforma “Mondoñedo Unido” das asociacións de Lourenzá: PROMALOU aso. de productores de madeira, Aso Veciñal Terras de Tovar de Sto. Tomé. Aso. Veciñal de San Jorge e Aso. Veciñal e Medioambiental de San Adriano. En total 35 asociacións da Comarca de Mondoñedo conforman a plataforma, a día 2 de maio de 2012 .
Fernández Ansedes, Luis
Fernández Ansedes, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES