Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En memoria de Francisco de Fientosa

martes, 22 de mayo de 2012
Hoxe cúmprense cen anos do nacemento en Santa Leocadia de Castro de Rei de Francisco Vega Ceide, Francisco de Fientosa, un dos escritores máis destacados dos que viron a luz no noso Concello e na Terra Chá.

No nome de todo o Concello, do Goberno municipal, e no meu nome, hónrome en facer constar a significación especial deste día para todos nós, e da presencia permanente da súa lembranza entre as nosas xentes.

O pasado xoves inauguramos na Casa da Cultura de Castro Ribeiras do Lea unha mostra de taboas pintadas polo noso artista Anxo Lamas, na honra de persoeiros destacados do noso concello. Unha delas lembra a Francisco de Fientosa, sempre vivo para nós.

A case setenta e seis anos da súa alevosa morte no Madrid da guerra civil, a súa obra vive gracias ao magnífico estudio efectuado polo profesor Ricardo Polín, “Á primeira luzada”, e todos os nosos convecinos poden ter lembranza xusta do gran escritor que veu a primeira luz no noso concello.

Francisco Javier Balado Teijeiro,
Alcalde de Castro de Rei.
Balado Teijeiro, Francisco Javier
Balado Teijeiro, Francisco Javier


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES