Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O concerto solidario de Mans Unidas de Lugo

sábado, 19 de mayo de 2012
O concerto solidario de Mans Unidas de Lugo

De grandioso, espectacular e orixinal foi cualificado o extraordinario concerto solidario do pasado mércores no Círculo das Artes de Lugo. Non faltou o detalle da puntualidade dos artistas e da fabulosa acollida do público que encheu o Salón Rexio. Unha vez máis, Lugo respondeu, con xenerosidade, á chamada anual de Mans Unidas. Os que asistimos gozamos con intensidade do repertorio escollido para esta ocasión, aplaudimos a rabiar e quedamos con gañas de máis. Os/as artistas participantes, tamén satisfeitos/as

A Banda Municipal, baixo a batuta do seu veterano mestre Rosendo Ivorra Jover e o Orfeón Lucense, dirixido polo director adxunto (e solista) Marcos Fernández Mosquera, foron os responsables do Concerto Solidario 2012, coa extraordinaria colaboración da soprano Lourdes Santos Sanz, a mezzo/soprano Pilar Martinez Conde (Pilocha) e a pianista Esperanza Iglesias Méndez, que xunto cos compoñentes do Orfeón Lucense (co seu grupo de solistas) se responsabilizaron do desenvolvemento deste extraordinario e especial concerto. Dicimos especial porque o repertorio preparado para esta ocasión (fragmentos de Zarzuela, Ópera, Clásico/popular) con participación do coro/solistas, actuando conxuntamente coa Banda, leva consigo moito traballo e esforzo, sobre todo para os non profesionais. Tratábase dunha causa nobre, digna, xusta...Por iso necesaria! Valeu a pena!Tamén neste senso foi un concerto solidario, colectivo, altruísta e cheo de amor, resultante do enorme traballo, tanto por parte dos promotores ( as incansables e inesgotables mulleres de Mans Unidas) como pola de todos os/as artistas participantes.

Á vista do acontecido, moitos de nós, incluídos os dirixentes de Mans Unidas e os das entidades colaboradoras - Banda Municipal/Orfeón Lucense e Solistas invitados/as – pensamos que, ollando cara o futuro, haberá que ir buscando o xeito de que a xuntanza solidaria anual quede xa, dalgún xeito, institucionalizada, cun compromiso formal das partes implicadas. A proposta chegou tamén desde outras direccións. Todo se andará!

O concerto solidario de Mans Unidas de LugoO realmente importante foi que o primeiro acto do gran obxectivo solidario de Mans Unidas quedou amplamente cumprido. Non só na parte artística ( cun repertorio curioso e orixinal) senón tamén na económica, que tamén conta, claro está, tratándose de axudar a dar vida a persoas que o seu problema é a falla de auga. Que ven ser o mesmo que a falla de vida. Está visto que a unión tórnase en capacidade e forza, cando se xuntan para traballar por unha mesma causa. Sobre todo cando a causa non só é nobre senón tamén xusta e necesaria. Todo perfecto! Interpretación rozando a perfección, a pesar de non ser a nota específica do Orfeón, que ven de demostrar a súa capacidade de adaptación cando se precisa. Cuestión de boa vontade, disciplina e de traballo. Felicidades e Noraboa a Mans Unidas, membros da Banda Municipal de Lugo, solistas e compoñentes do Orfeón Lucense!



Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES