Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contos de mouros e de mouras

lunes, 30 de noviembre de -1
Á memoria do meu amigo, Pepe, alias, señor Curro.

Unha vez un mouro que vivía moi preto da fonte de Corvos onde as mulleres ían lavar a roupa e falar das cousas da aldea, achegouse para latricar con elas.

-Moito falades –dixo.
Elas ollaron e non viron a ninguén.
-Non ouvistes unha voz –dixo unha.
-Ouvimos –dixeron as outras-. Quen será?
-Son eu. Estades cegas?
-Nós non te vemos. Quen es ti?
-Un mouro.
-Pero non te coñecemos. Desde onde nos falas, acaso es tan feo que non te queres deixar ver? -dixeron.
-Estou aquí no camiño, a carón da fonte, asomádevos –dixo o mouro.
E asomáronse.
-O demo me leve que es ben pequenote –dixo unha.
-Eu serei pequeno de corpo, pero ollade o que teño aquí.

Súpeto o mouro baixou os pantalóns e deixounas asombradas. As mulleres botaron a correr tras del tirándolle pedras e paus, pero como era pequenote escondeuse entre as herbas e deitouse nelas, aos poucos asomaba por riba das herbas un pau que semellaba coa cáscara mondada.

-A próxima vez heille pór unha bandeira na punta a ver se lles gusta máis –dixo.
E así foi que o mouro seguiu indo á fonte e sempre o escorrentaban. Unha vez pillárono e case o capan, doutra metérono na auga e case o afogan.

Eu pregunteille a unha muller se sabían como se chamaba o mouro e díxome que se chamaba Curro, pois cando o escorrentaban saía dicindo: xa curro, xa curro, pero el talvez quería dicir: xa corro, xa corr
Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES