Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estratexias de manipulación (II)

lunes, 07 de mayo de 2012
Na anterior entrega comentamos moi por enriba as cinco primeiras estratexias de manipulación das dez que enumera Noam Chomsky. No seu conxunto e sen esgotar todas as posibilidades establecen un meditado e eficaz programa para reducir e, mesmo anular, a capacidade crítica da sociedade. Tales mecanismos abranguen todos os recunchos da personalidade humana, tanto no que afecta á súa racionalidade coma a súa emotividade.

Personaxes históricos famosos utilizaron estes mecanismos para mover e motivar masas e pobos, é recoñecida a escasa racionalidade das masas. Xa dicía Napoleón que “a música da Marsellesa aforraría moitos canóns”.

Nas guerras actuais non hai tempo nin espazo para emotivas arengas, iso substitúese por un bo Ministerio de Propaganda que perfecciona os mecanismos da mentira. Din que hai tres ocasións por excelencia para a mentira:a guerra, a pesca e o xogo, pero hoxe habería que engadir as campañas electorais.

Hai anos, Carlos Mella afirmaba” que o que se di mentir, os políticos, mentimos todos, pero a Portomeñe case non se lle nota”. Notar eu creo que se lles nota, pero os sufridos e crédulos posibles votantes actuamos coma crentes acríticos, soamente “os nosos” din a verdade.

Neste punto encaixa a sexta estratexia que cita Chomsky, utilizar o aspecto emocional moito máis ca reflexión que, ademais de provocar un corto circuíto na análise racional e no sentido crítico dos individuos, abre paso ao inconsciente para implantar ideas, medos, desexos e temores mesmo cotraditorios. Abonda con recordar aquilo da “conxura xudeo-masónica-marxista”, termos excluíntes entre si que funcionaba coma un dogma e posteriormente “que España se rompía” e aínda hoxe non sabemos se era polos Perineos ou por Serra Morena ou que Zapatero perseguía á Igrexa Católica ao tempo que lle aumentaba a asignación no IRPF ou que a Educación para a Cidadanía adoutrinaba, cómo se existise algo que non adoutrine.

Nesta estratexia hai que recoñecer que a dereita española acada case a perfección.

A sétima estratexia, consiste en manter as masas populares na ignorancia e na mediocridade, para iso nada tan eficaz como artellar un sistema para pobres (sistema público) e outro para ricos directa ou indirectamente subvencionado, promovendo ao mesmo tempo medios informativos alienantes, que intoxican tanto como calumnian.

Finalmente, como compendio funciona un axioma que é a columna vertebral desta Relixión do Capitalismo, relixión que substitúe a seguridade da relixión polo Diñeiro, relixión de débeda, de culpa irredenta, o pobre é pobre porque quere, pola súa culpa, precisamente porque necesita endebedarse, culpabilizarse, “vivimos por enriba das nosas posibilidades”, gastamos o que non temos.

Primeiro dinnos que hai que consumir para activar a economía e agora hai que aforrar, austeridade, pero sen que afecte aos grandes capitais improdutivos.

En definitiva, cando o Diñeiro é ese deus que asegura o futuro, caemos na tentación de asegurar ese deus mediante a especulación, xuros moi altos e salarios moi baixos.

As ideoloxías ultraliberais son as constructoras do templo inmoral da relixión do Capitalismo.
Pin Millares, Xosé María
Pin Millares, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES