Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica de París, o caso francés

sábado, 05 de mayo de 2012
Eiqui asisto e participo no debate e no proceso electoral que se está a producir en Francia.

Asisto, estou e vivo, escandalizada e estremecida, polos métodos e, tamén, polos resultados electorais da primeira volta.

Saimos da inicial carreira cun partido, a Fronte Nacional, de Le Pen, encabezado desta vez pola súa filla, Marine le Pen, máis forte que nunca en termos de resultados electorais con case un dazaoito por centos de votos, o cal significa que seis millóns de franceses votaron a esta opción política. De feito asistin escandalizada nunha vila coma a de Vitrolles, moi perto de Marsella, aqui o partido máis votado foi a Fronte Nacional seguido, de lonxe, polo Partido Socialista, co seu candidato à presidencia da República, François Hollande.

Tal situación é dunha contradicción enorme, é dicir, o feito de que o partido máis votado sexa un partido de extrema dereita, seguido do partido socialista, aparentemente, porque no fondo é moito màis coherente e lóxico do que parece. Por qué?

Porque en Francia estamos nun momento socio-político de voto contestatario contra a política de Sarkozy pero sobor de todo contra a clase política en xeral que carece de toda credibilidade e entón non crea nin ilusións reais nin ningún tipo de expectativa de cambio, ca excepción do Front de Gauche, unha fronte electoral formada normalmente polo Partido Comunista Francés e o Partido de Gauche de Jean-Luc Melonchon e outras organizacións políticas, esta frenteé a única formación politica, de feito é nova, coma frente e o partido de esquerdas de Jean-Luc Melonchon ten unicamente tres anos e medio de existencia.

Pero aínda así non foron quen de convencer, ilusionar e prender a ese electorado, normalmente de clases populares especialmente desfavorecidas, que viven en barrios que son verdadeiros guetos, onde o estado francés decidiu amorear miseria, exclusión social e practicamente nula posibilade de mudanza vital, e polo tanto socio-politica e económica aos residentes destas cités, coma se lles chama en francés, onde en edificios sociais, chamados hlm, en condicións patéticas, e non por culpa deles, que quede moi clariño, senón pola enteira responsabilidade do goberno francés.

Os homes e as mulleres que residen nestes barrios viven completamente desconectados da sociedade. Están no paro, algúns deles abandonan os estudos sen ter nin sequera o bachaller superior, por mor dun sistema escolar que os exclúe e discrima dende o principio da súa escolaridade.

Diante desta desgarradora situación o camiño clásico que lles queda é máis paro e máis exculsión, moitos deles sen nin sequera finalizar a aprendizaxe da lingua francesa.

Hai que ter en conta que moitos deles son fillos de emigrantes, normalmente do magrheb e a Africa negra, co cal moitos deles non dominan o idioma francés, unha acumulacion de circunstancias que os levan ao paro e a exclusión cultural politica e social da sociedade na que viven (a francesa).

Francia é un país artellado, de maneira consciente, pola elite politica e económica gala como redutos de man de obra barata, de bandas de droga, de violencia, onde a situación das mulleres é moi precaria por mor do ascenso do islamismo coma reposta a ese aillamento socio-político, cultural e económico do que sempre se aproveitan uns e outras para manipular a estas persoas, provocando, tamen, dunha forma consciente e planificada, a subida dos extremismos.

É dicir, por unha banda o islamismo radical, por outra, o partido de Le Pen, aa Fronte Nacional.

Este deseño da sociedade para capas máis desfavorecidas non é para nada casual como xa dixen, é un deseño ben planificado, especialmente dende 2007, a elección de Sarkozy como presidente da República Francesa.

Por qué? Sinxelo e terríbel. Diante da incompetencia e incapacidade e, sobor de todo, da falta total de vontade politica de resolver os problemas destes homes e mulleres, posto que a politica do goberno de Sarkozy, malia crise que estamos a a vivir en toda Europa, o deseño da teórica solucion, que é a chamada politica de austeridade, -un eufemismo que non significa máis que defender os inetereses do gran capital-, é dicir, das grandes multinacionais francesas e da banca, cun alto prezo económico, que, por suposto, o paga e o pagarán, coma no caso do Estado Español, as clases populares, as clase traballadoras, que xa nin teñen un posto de traballlo e viven das subvencións do estado, e que so piden ter un novo posto de traballo, que reclaman dignidade e xustiza.

Diante do baleiro do goberno, -da nada coma resposta-, os problemas persoais e económicos fanlles caer na miseria total.
Este grupo social opta polo mal chamado -polas élites políticas e medios de comunicacion franceses- voto contestatario, voto anti-sistema, que non é tal. Esta é a trampa na que caen os que votan ao Fronte Nacional, pois votar a éste (à fronte nacional) é votar sistema, votar o deseño cruel despiadado, conscente e premeditado do destino destas persoas é darlles coma reposta a creación dun inimigo inexistente, dese home ou desa muller que en realidade non é inimigo, senón un compañeiro,ou compañeira que vive a mesma situación, e que é utilizado polo sitema coma fonte focalizadora da ira, culpábel de todos os males dunha sociedade.

Escomezamos coa lei do velo, seguimos co teórico problema das mezquitas. No momento da crise da Banlieu 2005, -por certo, esta autora vive en Banlieu, no cinturón de barrios que rodean Paris-, onde están todas estas persoas, todo ao longo do territorio francés, que viven en barrios coma o meu e noutros peores, en cités, -cousa que non é, afortunadamente, o meu caso, cun nivel de delincuencia, violencia e inseguridade, -sober de todo para as mulleres-, moi elevado é que o propio presidente da República, o seu minsitro do inerior e o goberno, eles mesmos, co seu discurso, estratéxico e conscente, lles leva a votar á extrema dereita, porque o propio presidente da República, Nicolás Sarkozy, xa na súa etapa de minsitro de economia e ministro do interior durante a presidencia de Chirac, deseña un discurso de extrema-dereita que vai perfecionando e radicalizando cada vez máis, especialmente dende a campaña na que foi elexido (no 2007) co obxectivo de captar o apoio electoral dunha parte do electorado da Fronte Nacional, cousa que, efectivamente, naquel intre conqueriu.

Desta vez a cousa foiselle de mans, en teoría, e perdeu votos que captou o partido que preside Le Pen, chegando a un dezaoito por cento, o cal significa que para as próximas lexislativas, do dez e dazasete de xuño deste ano, o partido de Le Pen vaise presentar en 353 circunscripcións electorais, o cal, dalle unha situación potencial para obter, alomenos, cicuenta deputados na Asamblea Nacional (parlamento francés) tendo en conta que agora mesmo non teñen ningún podédesvos imaxinar a importancia politica deste resultado e as consecuancias catastróficas de vermonos incluídos nun escenario cun goberno dependendo do que pase este domingo, moi influenciado polo partido de Le Pen, e entón cunha clara orientacion de extrema-dereita e as consecuancias socio-politicas que iso siginifican non só para Francia, senón para toda Europa.

Polo momento teñen o desgraciado posto de numero dous, despois de Austria, coma países europeos onde a extrema-dereita ten máis forza. A fatídica honra do numero dous.

Pero o asunto é moito màis complexo.

Para poder explicarme de maneira clara vou a poñer como exemplo a Vila de Vitrolles, perto de Marsella, pois é onde eu vivo, Montreuil, é historicamente un bastión do Partido Comunista, agora reconvertidos, dende un punto de vista electoral, no Front de Gauche, entón non vale para o tema do que estamos a falar.

Falemos logo da villa de Vitrolles, normalmente o caso do colexio electoral, número dazaoito desta vila, o partido máis votado, con aproximadamente 380 votos, é o de Le Pen, o segundo máis votado o Partido Socialista co seu candidato, François Hollande.

Contradictorio, sen sentido aparentemente, pero si ten mais lóxica do que pode parecer.

Xa vos expliquei que Sarkozy, nas anteriores eleccións presidenciais, apostou por atraer os votos de Le Pen, en definitiva, o lectorado de Le Pen, cousa que conqueriu naquel intre.
Agora as cousas non lle sairán tan ben... ¿ou si?

El (Sarkozy) perdeu votos. Francois Hollande gañou a primeira volta das eleccións presidenciais, e os outros partidos que teñen unha gran satisfaccion polos resultados é, en primeiro lugar, obviamente, Le Pen, en segundo lugar o Front de Gauche, cun case o doce por cento dos votos, tendo en conta que nas últimas eleccións o Partido Comunista Francés non tivo nin sequera un dous por cento, é que as outras formacións de esquerda tampouco obtiveron bons resultados.

Ter agora case un doce por cento, con expectativas reiais dun quince, salvo que unha parte do electorado optara polo chamado voto útil, e entón votarían PS, en fin, o resultado do Front de Gauche, a pesar de todo, moi satisfactorio.

O voto de Hollande, como segunda forza máis votada, entra na lóxica dos que votaron a Sarkzy hai cinco anos. Ese electorado que desta vez non votou Sarkozy, tomou dous camiños diferentes en función do seu compeñente ideolóxico, é dicir, o electorado máis radical votou Fronte Nacional o outro, Hollande, cun mesmo obxectivo: que Sarkozy perda as eleccións.

Por certo, esta vila que durante moitos anos foi controlada pola Fronte Nacional, agora ten un alcalde do Partido Socialista Francés posto que os cidadáns de Vitrolles, como en todas as cidades onde gobernan os membros do partido de Le Pen, non melloraron a súa situación socio-económica nos diferentes barrios destas, senón que se empobreceron nas súas condicións de vida.

Neste contexo chegamos ao primeiros de maio con tres actos ven diferentes que mostran os tres eixes ou actores fundamentais da política francesa. Nos dous primieros casos Sarkzy e Marine Le Pen, un deseño moi semellante de sociedade, e o acto intersindical de todos os sindicatos de esquerda e incluso de organizacións internacionais amigas e cunha fronte politica que os apoia, o Front de Gauche.

Alí estaba eu, porque diante deste esceario politico terríbel, cunha extrema dereita (tanto Sarkozy como Le Pen) dispostas a todo por chegar ao poder exaltando o racismo e o odio e tamén -e sobor de todo- o medo. O medo ao extranxeiro e o odio a nós, aos emigrantes, aos malo que roubamos o posto de traballo aos franceses, coma discurso útil para uns continuar no poder e outros acceder a cuotas de poder moito máis importantes das que teñen, refírome ao Fronte Nacional.

Para iso celebraronse tres actos en París, un na Ópera Garnier, na Praza da Ópera, organizado por Le Pen, coma fai todos os anos, pero cunha importancia cualitativa máis notable por estar en pleno proceso electoral. O segundo acto, organizado por Sarkozy, en Trocadero, o que él chamaba o dia dos verdadeiros traballadores.

Esta frase e outra que este repetiu moito estes dias. Dicía: "para min é unha honra facerme chamar fascista polos comunistas”.

Esta frase, coas mesmas verbas, foron utilizadas polo propio Vichy e o goberno colaboracionista cos nazis ao longo da segunda guerra mundial. Exaltación da nación francesa, da súa historia, é dicir, do imperio, e rexeitamento do alleo, é dicir, dos emigrantes, con especial fincapé nos irmans arabes-musulmáns e de nos mesmos, o que eles chaman a extrma-esquerda (Le Pen tachou “a jean-luc melonchon” a todos e a todas en xeral de comunistas asasiños, neste contexto, e co pasado debate entre François Hollande e Sarkozy que malia as diferecias de matices e de formas, expuxo claramente que, no fondo, as diferenzas entre os dous candidatos non son importantes.

Eu, a pesares de todo isto, desexo que gañe Hollande coma un mal máis cativo, máis miúdo, menor.

Así chegamos a este momento, diante da segunda volta, cunha grande inquedanza:

Que Europa se nos presenta?

Que proxecto económico, politico e social cunha forza politica de extrama dereita e outra que xoga a selo para se manter no poder (moitos dos membros do partido de Sarkzy son, fundamentalmente, de extrema-dereita coma Caude Gueant, ministro do interior).

Velai incógnitas fundamentais que nos van a afectar ao galegos e galegas posto que o gañador terá que negociar os pasos a seguir para resolver a crise asi como tamén deseñar o proxecto europeo e o rol das institucións europeas, co cal o futuro é moi, moi negro, amigos e amigas, obviamente sobor de todo, se gañase Sarkozy e a Fronte Nacional acada os seus obxectivos nas lexislativas....

Seguirei informando e analizando conforme os dias pasen e comentareivos a opinión de moitos galegos e galegas que vivimos eiqui e os posicionamentos politicos que temos diante desta situacion.

Para Galiza, para os galegos, é moi importante o asunto francés.
Xa veremos o que acontece este domingo.
Tuvío Villar, Ruth
Tuvío Villar, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES