Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Rosal, Merza e Meaño: música, maestros!

jueves, 26 de abril de 2012
O Rosal, Merza e Meao: msica, maestros! No centro do Val do Salnés, entre os concellos de Meis, Poio, Sansenxo e Cambados, temos a Meaño, poboación e concello no que o día 29 de abril, domingo, na Praza da Feira, ás cindo da tarde, vaise poder vivir e disfrutar do XXI Festival de Bandas de Música de Meaño, coa participación da Banda Artística de Merza (Vila de Cruces) da Agrupación Musical do Rosal e da Unión Musical de Meaño.

Cada unha destas ofrecerá un programa dunha duración aproximada de vinte a trinta minutos.

David Fiuza Souto, director da Unión Musical de Meaño, glosou no diario El Faro de Vigo, ás bandas participantes: “Ademais da de Meaño -dixo, referíndose a do Rosal e a de Merza- imos poder ver e escoitar a dúas bandas de grande prestixio en Galicia, con diferentes e importantes premios ao longo da súa traxectoria. A de Merza garda paralelismos coa de Meaño, as dúas de pobos pequenos, sendo, ademais, as máis antigas de Galicia, a de Marza fundada en 1828 e a de Meaño en 1830. A de Merza -engadiu- é unha das bandas máis premiadas e recoñecidas fóra de Galicia”.

En referencia á Banda Agrupación Musical do Rosal, expresou que “é a outra grande banda do momento en Galicia, unha formación xoven, que chegou en poucos anos ao máis alto”.

Pois ben, en Meaño temos, o domingo, 29, a oportunidade de ver e de escoitar e tres agrupacións bandísticas de primeiro nivel.
En canto ás fundacións das tres bandas: do Rosal, Merza e Meaño, darase conta da súa historia e anécdotas cando se narre, se conte, a nósa referencia dos viaxes ao Rosal, Meaño e Merza, que será pronto.

O cartel anunciador da presente edición, 2012, elexido mediante concurso, é obra de Santiago Luis Vázquez, artista polifacético, comezou coa música ós 11 anos (aos 15 especializouse no trombón baixo) é diseñador gráfico. Compatibiliza a música co que pode. Comezou na Unión Musical de Meaño, na cal, segundo manifesta “medrei musicalmente e sempre será a miña banda”.

Engadiu que “na actualidade teño o pracer de tocar cos meus mellores amigos, na pequena Banda de Vertula (aldea de Vertula, parroquia de Paradela, concello de Meis) e na Banda Agrupación Musical do Rosal, nas dúas fanme feliz”.

Santiago Luis Vázquez, naceu en Coirón, parroquia de Dena, concello de Meaño. Quere seguir no camiño da música e, posiblemente, no deseño gráfico.

Queda escrito, este domingo, 29 de abril, ás cindo da tarde, en Meaño, podemos disfrutar do XXI Festival de Bandas de Música. Máis de douscentos maestros, profesores, cunha media de idade, que non superan aos 25 anos, integran as tres participantes, Merza, O Rosal e Meaño, que faran disfrutar dunha tarde musical extraordinaria, baixo as direccións de Xosé Luis Quintas, Diego Xabier Lorente López e de David Fiuza Souto, respectivamente.

O Rosal, Merza e Meaño: música, maestros!Como en partituras, con arranxos e chamadas, teño mais dun cento de papeis con datos, amigos, pobos e festas do Rosal, de Merza e de Meaño.

Terei un tempo e un contar para cada unha destas terras da miña nenez, para as súas bandas, para os seus cantares e para os amigos que se abriron.

Contarei as impresións, coas notas do saxo alto, de Montse Domínguez Otero; da trompeta de Iván Diego, os dous de Fornelos, Santa Mariña do Rosal, e do trombón baixo, de Santiago Luis, de Coirón, parroquia de Dena, en Meaño.

Non se lle escapa unha nota. Eu quixera que a min, tampouco.

Polo momento, este domingo, 29 de abril, en Meaño, moita e boa música, mestros.

E como por músicas andamos e porque lembro, agora, os muíños de Folón e de Picón, e Ponte de Tamuxe, Fornelos e Pías acode a min a cantiga do “Rin, tin, pun” moi coñecida no Rosal, nas Neves e noutras da zona sur.

O Rin, tin, pun, é titulo que forma parte do estribillo, Nalgunhas zonas din “Rin, chin, pun” mais en realidade, salvando os dous corpos centrais do cantar, permítise engadir, nos coros, o que se queira inventar, que non vou ser eu só o que o faga.

O rin, tin, pum

Rin, tin, pun
Laralala, laralalala.
Rin, tin, pun
Laralala, laralala

Miña nai non quere que eu vaia ao muíño
Porque o muiñeiro metese comigho.
métese comigho e rómpeme a saiai
Miña nai non quere que ao muíño vaiai

Coro:
Túa nai non quere que vaias á Gharda
Porque o mar mareiro metese contigho.
Métese contigho e érgheche a saia
túa nai non quere que á Gharda vaiais.

Rin, tin, pun
Laralala, laralalala.
Rin, tin, pun
Laralala, laralala

Miña nai non quere, non quere que vaiai
Porque o muiñeiro me rompe a saiai
Me rompe a saia, rómpeme o vestido
Miña nai non quere que vaiai ao muíño.

Coro:
Túa nai non quere, non quere que vaiais
Porque o vento novo levántache a saia
Levántache a saia, érgheche o vestido
túa nai non quere que veñas conmigho.

Rin, tin, pun!
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES