Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sanidade de beneficencia

miércoles, 11 de abril de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

O ministro de Economía estes días expuxo a progresividade nas prestacións sanitarias e no ensino cuns recortes de dez mil millóns de euros. Que lexitimidade pode ter un goberno onde estas medidas non aparecían no programa que votaron os seus electores. ¿Non dicían que Sanidade e Ensino non se ían a tocar?.

Chegaron ao poder prometendo que non farían o que están a facer e están cometendo un fraude á “democracia “ deste país.

¡Hala veña!, que só lles quedan corenta mil millóns para chegar aos 50 que lles fai falla outra vez á Banca. Xa me saen os recortes sociais polas orellas, ¡carallo!, non aplican ningunha mellora á
xestión e facilitarnos a vida aos cidadáns de a pé. Ao contrario, tódalas medidas son para uso e disfrute da oligarquía que estase a beneficiar deste goberno que nos caeu en sorte, sen importarlles
se coas súas decisións están a esnaquizar a vida de millóns de españois.

Os recortes vanse acumulando paseniño, veremos que pensan dentro de uns meses a cidadanía cando vexan a realidade destes recortes. ¿Daranse conta algún día desta grande estafa?.

Penso que xa temos que ir falando clariño: A sanidade foise acadando con suor, esforzo e diñeiro de todos ao longo de moitos anos polos nosos antepasados quedando moitos no camiño asasinados por defender este servizo público; están a xogar coa saúde da xente, desprezo á terceira idade e as persoas dependentes. Son uns neoliberais toleados ¿.Que podemos agardar desta xente tecnócrata sen sentimentos, cobizosa que mentindo nada lles importa?. O importante é que a cidadanía trague.

Imos camiño da sanidade de benificiencia en favor das empresas privadas.

Xa o saben, morrer non é un erro é unha estafa destes neocons.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES