Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Son tempos do Coaching

viernes, 06 de abril de 2012
Son tempos do Coaching Este é o momento, no que directivos de empresas e organizacións, deben de reflexionar sobre o retorno da inversión a moi curto prazo, cando esta se realiza, nun proceso serio de coaching.

Se a empresa vai ben, o coach vai axudar a que vaia extraordinariamente ben.

Se a empresa vai mal, axuda a saír desa situación crítica, clarificando a visión, establecendo a misión e identificando a forma de actuar en tempo e en modo.

O coach, a modo de taxista, fai esa pregunta tan esclarecedora, que é: “a ónde queres ir”.

Una vez identificada a meta, é dicir o qué, ou estado desexado; calibrando, o para qué, cos seus correspondentes valores, e comprobado, que se trata dun propósito: específico, medible, importante, realista, planificable, ecolóxico e establecido nun marco temporal. Xa se está en disposición de deseñar o cómo, tratase de por a punto as estratexias creativas e innovadoras, que van a permitir realizar o recorrido desde o estado presente o estado desexado.

Nese recorrido, o directivo, vai a contar co acompañamento do experto, que de forma sutil:

1. Mostraralle o camiño no que está.
2. Situarao para que visualice as opcións coas que conta.
3. Axudarao a tomar unha nova dirección.
4. Animarao a persistir no cambio.
5. Mostraralle a gran virtude de converter os obstáculos en recursos, as suposicións en novas perspectivas e a súa historia noutras historias alternativas, igualmente válidas.

A partir dese momento, comeza o deseño das tarefas que lle impulsan a dar o primeiro paso, que nun período moi corto, anímao a dar o salto do león, que a organización necesita.

Nese proceso de acompañamento, vaino axudar a potenciar as fortalezas, a cuestionar as súas crenzas limitantes, a identificar os nos que estrangulan a organización e a encontrar a forma de desanoalos, o mesmo que lle pasa cos atascos e coas lazadas, impedindo en todo momento que estas se convertan en dobre lazada, sabedor, que unha vez chegado a este punto, xa non son efectivas nin as medidas que se tomen ou que se deixen de tomar. A modo de garda de tráfico vaille indicando as sinais, os semáforos e as rotondas para que inicie ese recorrido con seguridade, con entusiasmo e con decisión.

O colocar a alanca do cambio no lugar oportuno, move toda a organización na dirección correcta, identifica os patróns de éxito e os pon en orden, dando lugar a unha nova cultura que impregna a toda a organización, no dobre circuíto: arriba - abaixo e abaixo - arriba, na que flúe a comunicación, o entusiasmo e a motivación, na súa tripla dimensión: extrínseca, intrínseca e transcendente.

Consigue esa sensación de flow, na que os retos son altos, sen chegar o espazo que pode ocupar a ansiedade e na que, o mesmo tempo, se aproveitan as capacidades de todos os membros da organización, pasando de forma fácil de grupos de traballo a equipos de alto rendemento.

O coach é ese profesional que che irá realizando preguntas en base a túa experiencia, coa curiosidade dun neno, para que encontres as solucións os teus problemas, que ademais fala o preciso, que da o poder do coñecemento e escoita e observa, como o fai o máis sabio dos sabios.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES