Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enterrar a historia

miércoles, 04 de abril de 2012
Mentras noutros países andan na pescuda da máis mínima pegada da historia para acreditar traxectoria como pobo e aproveitala para mellor coñecemento do pasado, en Galicia temos que andar tapando, volvendo enterrar, achádegos que non podemos atender.

Toda Galicia é un xacemento arqueolóxico, e o noso sochán garda memoria de todos os pobos que por aquí pasaron e foron construíndo esta fisterra que constituía o remato do mundo coñecido.

Pero temos tantos monumentos que conservar, tantos castros que respectar, tantos achádegos que protexer, que nin dez veces os fondos que poidan destinarse a este cometido serían abondos para poder poñer en valor todo o noso riquísimo patrimonio arquitectónico e arqueolóxico.

Tanto é así que desde hai anos fanse só as excavacións arqueolóxicas que teñen garantida a musealización dos obxectos rescatados, evitándose aqueloutras que poderían facerse por centos xa que nos museos non é posible albergar máis obxectos e non sería tolerable que unha vez rescatados valiosos restos do pasado andivesen de almacén en almacén por non poder estudialos e conservalos axeitadamente.

O último caso coñecido sucedeu en Pontevedra, onde os restos arqueolóxicos aparecidos na praza Valentín García Escudero prometían un centro de interpretación que permitise deixar á vista unha importante parte do xacemento. O proxecto inicial supoñía un investimento de dez millóns de euros, e a solución do centro con conservación parcial do xacemento tres millóns. Non foi posible, e os restos van ser soterrados de novo para conservalos axeitadamente, e construir sobre eles unha superficie utilizable – posiblemente un parque infantil- de tres mil metros cadrados, en espera de mellores tempos.

A realidade económica manda, e seguindo o exemplo acontecido en Lugo onde unha piscina romana agardou enterrada corenta anos para poder saír á luz, en Pontevedra vaise enterrar o que puido ser o Museo da Historia, agardando por mellores tempos. Que, eso cremos, virán.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES