Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As vidas novas de Ramón Sampedro

lunes, 17 de enero de 2005
Gracias a Alejandro Amenábar, toda España e moito máis sabe quen foi Ramón Sampedro.

Gracias a Javier Bardem, toda España e moito máis sabe como era Ramón Sampedro.

Gracias ó froito dun traballo artístico, concienzudo e profesional, Ramón Sampedro pasou a gozar dunha vida nova.

A súa primeira vida truncouse cando un desgraciado accidente o postrou nunha cama, arredándoo do mundo exterior, creando un mundo físico cativo pero un mundo anímico grandioso, no que Ramón foi un rei aparentemente destronado, pouco consciente das súas posibilidades, ou demasiado consciente das súas imposibilidades.

Daquela pareceulle a Ramón Sampedro que aquela nova vida non tiña sentido, e acabou por poñerlle fin a un camiño sen destino.

Precisou para este remate colaboradores necesarios, por amor ou por solidariedade, e a el coma a eles haberá que agardar "que o ceo os xulgue", acudindo a referencias cinematográficas, porque na terra os cinco sentidos que temos son moi poucos para percibir todo o conxunto de factores, de experiencias, de dores e ledicias, de frustracións e de anguria que unha situación así pode crear.

Desa primeira vida nova fuxíu Ramón a outra máis libre, lonxe, fóra, no máis aló. E todos pensamos que esa vida nova era a definitiva. Pero Amenábar fíxoo vivir de novo unha vida máis pública, participativa, contaxiosa... E pintounos un Ramón especialmente humano, rodeado de agarimo, pero naturalmente falto da liberdade de vivir en plenitude.

Segue Ramón a disfrutar desta vida. E os comentarios de quen axudou a que deixara este mundo, as repostas dos seus familiares máis directos, e todo o rebumbio que poida formarse, non conseguirá mover ese monumento moral creado gracias á séptima arte que moitas veces substitúe á realidade cando non a complementa. Neste caso soubo pintar tan ben unha situación inhumana que o lonxano Ramón que tiñamos os galegos por veciño
transformouse nun Ramón entrañable, que vive unha segunda vida nova, e que perdurará -el, e non outro- na nosa memoria.

A realidade, moitas veces, supera á ficción. Pero neste caso a ficción pode coa dura realidade e móvenos, como moi poucas veces, a ver a Ramón cos ollos da vida e a ver a vida cos ollos de Ramón.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES