Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, as carnes

martes, 27 de marzo de 2012
As sucesivas noticias nos medios informativos sobre a incidencia dos alimentos na calidade de vida e como causa das enfermidades máis temidas na actualidade, evidencian dunha banda a preocupación da sociedade por estes temas pero tamén a sospeita de que se están dando pasos de cego nunha loita contra o cancro cando non sexan noticias interesadas para fomentar ou restrinxir o consumo de determinados alimentos.

O último elemento proscrito foi a carne “roxa”, da que se di que consumíndoa a diario aumenta un vinte por cento a posibilidade de padecer cancro ou sufrir problemas cardíacos.

En repetidas ocasións se nos ten dito que a carne á brasa é un elemento problemático á hora de seguir un rexime ou previr problemas relacionados coa dieta. E proscríbense as graxas, recomendase variar os alimentos, restrínxese o alcohol, prohíbese o tabaco e aconséllase facer exercizo na medida en que sexa posible.

Do mesmo xeito, tanto se recomenda o viño tinto de calidade como a cervexa, en supostos estudos que máis parecen froito da publicidade dos respectivos colectivos productores que de análises científicos de acreditada seriedade.

O aviso sobre as carnes ”roxas” procede da Universidade de Harvard e parece confirmar as intuicións e os temores dos especialistas nutricionais, facéndose a salvedade que neste como en todos os casos o peor é o abuso e a inxesta habitual de alimentos non recomendables, e que o sensato é variar os alimentos para conseguir unha dieta que o organismo asimile sen problemas serios.

Se os colectivos de gandeiros ou comercializadores de carne roxa se senten agredidos, xa `podemos contar con outros estudios que maticen o anterior ou aborden outros aspectos dignos de ser destacados que se non anulan o que agora se di, rebaixarán a crudeza e tranquilizarán aos consumidores.

Pero o aviso aí está, e del temos que sacar conclusións de moderación, planificación e racionalización para ter unha vida longa e exenta no posible de problemas derivados dos nosos comportamentos alimenticios.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES