Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liberdade sen ira

jueves, 29 de marzo de 2012
Foi un afortunado lema electoral ao comezo da Democracia, e pode valernos tamén para esta especial xornada de hoxe.

Porque vivimos unha xornada de folga xeral, convocada polas forzas sindicais maioritarias en oposición á normativa laboral aprobada polo Goberno coa que se pretende enfrontar o difícil tempo económico que agora nos toca vivir.

E o único que cabe esperar dunha xornada coma esta é ter a festa en paz, e que os que queiran secundar a folga poidan facelo en enteira liberdade, sen nengún tipo de cortapisas, e os que desexen traballar poida facelo sen ningún tipo de compulsión.

Aínda que esta postura sexa difícil de levar á práctica, que toda folga ten un punto de anarquía e ás veces de violencia, ningún froito cabe esperar de conseguir pola forza que os folguistas traballen ou os que pretendan traballar fagan folga. Que o resultado final poden ser cifras, pero hai que ver como se conseguen esas cifras de traballadores e de folguistas, e as formas son moi importantes co fondo difícil e problemático que o asunto ten.

Se conseguimos rematar o día en paz, pouco vai importar que a folga fose seguida por un vinte, un trinta ou un cincuenta por cento dos traballadores. Nin que a porcentaxe dos que acudiron ao seu traballo presentasen os niveis mencionados. Se conseguimos rematar o día en paz vai resulta que o que importa é a liberdade de uns e outros para seguir os dictados do seu sentir, das súas conciencias.

As presións non van servir para nada máis que para radicalizar posturas e desvirtuar resultados. De modo que o único resultado válido vai ser o producto da vontade popular –como unhas eleccións- de traballar ou non segundo cada quen considere que resulta máis rendible socialmente o feito de pronunciarse dun ou doutro xeito.

Teñamos un día libre para elixir o noso comportamento. E entón estaremos en disposición de evaluar os resultados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES