Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Temos sede

miércoles, 21 de marzo de 2012
Choveu, pero casi nada. E se houbo ou hai rogativas non nos consta, que o descreimento chega ata estes ámbitos nos que nos estamos a xogar a supervivencia.

Hai un ano, os embalses da conca Miño-Sil estaban ao 75% da súa capacidade, mentras que no momento actual están no 50%. Os ríos andan desgaxados de caudal, as fontes non abriron, na montaña non nevou, e a preocupación é seria por parte dos que entendemos que o noso porvir está no ceo, no que do ceo caia a xeito de auga ou neve, pacífica e alimentadora, que encha os pantanos, nos libre de pólenes alérxicos, que purifique os nosos aires e penetre fondo nas nosas terras levando frescor e alimento a raíces que comezan a dubidar de estar medrando e estirándose na dirección axeitada.

E o caso é que, á parte das rogativas, pouco máis podemos facer en relación coa ansiada choiva que aquí aínda nos quedan moi lonxe eses experimentos de provocar a choiva facendo que unha flotilla de avións esparza no ambiente cristais de determinadas sustancias que, aglutinando nubes e provocándoas, orixinen a acumulación de auga na atmósfera e a súa posterior caída nos lugares ou zonas que interese.

O ser humano, diante da natureza, segue a estar inerme, dependendo para vivir das condicións do lugar, das riquezas do subsolo ou dos producto que se obteñan nos cultivos, e – sobre todo – da caída de auga ou neve que faga revivir a terra e conseguir que o ciclo da vida continúe como un milagro repetido que forma a base física da nosa existencia.

Temos os galegos un refrán que indica que “nunca choveu que non escampara”. Pois agardemos que se poida aplicar en sentido inverso para asegurar que Galicia nunca tivo unha seca que a agobiase e que –temos sede, moita sede – acabará por chover e solucionar os problemas que pola escaseza da auga se orixinan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES