Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

El territorio de los gallegos

viernes, 09 de marzo de 2012
Esta semana, por motivos profesionais, estiven por terras do norte, e escotei unha frase en Bilbao que me encheu de ledicia.

Era hora de xantar, e a nosa interlocutora dixo “tomamos algo por aquí, en el territorio de los gallegos”. A miña memoria a largo prazo, recuperou o recordo das xentes que da miña zona emigraron en gran cantidade, a esas terras, nos anos sesenta do século pasado.

O meu silencio, xunto coa miña curiosidade, fixo que nos aclarara o dos galegos. Sen dicir palabra mostrounos os establecementos que iamos encontrando: Caramelo; Roberto Verino, Florentino, Purificación García, Bimba & Lola, Adolfo Domínguez e moi preto deles, o imperio Zara.

Situados na zona estratéxica do gran Bilbao, entre a Gran Vía e a rúa Ercilla, mirando cara o Guggenheim e acompañados por Deusto, a pesar do paso do tempo, Deusto segue a ser Deusto.
Están nun espazo magnético, que a modo de atractor os xunta, os resgarda en períodos de crise e os fortalece e motiva para que visualicen un futuro prometedor.

Canta creatividade, canta innovación, canto ben saber facer. Os seus escaparates invitan a entrar. Esa simbiose perfecta entre tecidos, colorido, sobriedade e a elegancia, centran a atención do viandante e non deixan lugar a indiferenza.

O tempo era escaso, pero non resistín a tentación e entrei nunha tenda. Encontrei un escenario máxico, no que invitaba interactuar, todo estaba no seu lugar, a profesionalidade do seu persoal, a calidade das súas roupas, rezumaban valor por todas partes.
Temos na nosa terra grandes marcas, que destacan, tanto por deseño, como por innovación, creatividade e calidade, que a pesar da crises, resistiron e están aí dando o mellor de si mesmas.

A nosa resposta debe de estar a altura das circunstancias, así que, para querer as nosas marca, hai que coñecelas, para coñecelas hai que visitalas e para gozar do seu valor hai que deixarse envolver por a maxia dos seus tecidos, colores e deseños. Por o que foi, por o que é, e por o que será a moda galega merece todo o noso compromiso e a nosa confianza.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES