Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Túnel o tobogán

miércoles, 07 de marzo de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

O ministro de economía Sr. De Guindos comentaba hai uns días de “mitificar” as bondades da reforma laboral, pensando que “existe luz al final del túnel”.

¿Non había quedado en que esta reforma laboral aforraría un millón de parados?. Se hai dous días dixeron que, a pesar da reforma laboral vai haber uns 630.000 parados máis. ¿Como se come isto?.

Están a construír unha comedia esperpéntica mentireira e manipuladora divulgando por case tódolos medios audiovisuais e escritos afíns e por aqueles “mamporreiros” a soldo que dedícanse a vomitar trolas en foros, insultando á intelixencia da maioría dos cidadáns.

De que as cousas estiveran mal hai tres meses, non se debe ocultar que hoxe están aínda peor e estarán moito máis dentro de seis meses. Tódalas medidas que está a tomar levan unha carga de trampas, con moita letra pequena, que non van a solucionar os problemas da maioría nin eliminarán os privilexios reais da banca, os estafadores e os grandes empresarios.

Lonxe da miña intención de defender ao goberno saínte, un PSOE vendido á oligarquía, cargado de erros e abondo inútil. Pero o
que estamos vendo en tres meses é moito peor, é para aterrorizarse. A gozar do votado, a ver se non empachamos de éxito.

¿Que está a facer este goberno?. Unha reforma laboral que case todos sabemos que non creará traballo. Non fai falla ser un economista, soamente usando o sentido común. Recortes: baixa o poder adquisitivo, baixa o consumo, baixa a produción, aumenta o paro, aumenta o gasto público (prestacións sociais), aumenta o déficit, aumenta a débeda pública, impostos e finalmente despidos;
semellante á pixota cando mórdese o rabo.

Cando fala o Sr. Ministro de que “existe luz al final del túnel”, o que pasa que esa luz está alumeada dun troleiro cun chisqueiro, e o túnel asemella ser un tobogán.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES