Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe á muller

lunes, 05 de marzo de 2012
O vindeiro xoves celébrase o “ Día Internacional da Muller Traballadora”, efeméride que pon de relevo o papel da muller na sociedade, na perspectiva de axente productora de riqueza e benestar. Hai quen están en contra destas xornadas, baseando a súa actitude argumentando que “o día de ...“ tería que ser tódolos días do ano. E non lles falta razón.

Pero un pensa que aínda que a muller — neste caso – non vivira discriminada pola sociedade; que as súas condicións sociais, laborais e de todo tipo fosen idénticas ás dos conxéneres ; que o respecto á súa persoa, a consideración á mesma, ou que a igualdade de oportunidades fose un feito ..., a muller, por enriba de todo ísto, sería merecente do seu “día”. A muller, a secas, sen adxetivos, porque o seu papel na vida transcende con moito a todo aquélo que pode ser cuantificable.

Traballador/a é, según o diccionario, todo/a aquél/a que traballa. Entón ¿qué muller non é traballadora?¿Cal é a que non
traballa?.

O concepto de traballo mudou cós tempos. No noso poder temos un exemplar da prestixiosa revista “Vida Gallega”, do mes de Xullo de 1918, que na súa portada amosa unha estampa na que, dende a eira da casa, unha familia labrega, rodeada de animais domésticos e aperos de labranza, ouserva cómo ó lonxe pasa pola estrada un home esforzándose en empuxar por un carro. O rapaz pregunta: --- ¿Quen será.....? E o pai resposta :
--- ¿E quén ha de ser?. Un lacazán, un palanquín que por preguiceiro anda polos camiños tirando dun carro, vendendo lenzos, agullas e outras cousas, sudando mais que un touro.¡Todo por non traballar!

Naquela sociedade primixenia, netamente campesiña, todo o que non fose sachar, arar a terra e labrala, coller no monte, estrar as cortes, muxir as vacas ... non era traballar. ¡ Por eso aquel home, que suaba coma un touro polo esforzo realizado na procura de compradores para as súas mercadurías, era un lampantín folgazán!.

A transformación social experimentada en tódolos ámbitos: a producción, a economía, o desarrollo industrial e tecnolóxico, as necesidades no eido dos servicios sociais: a sanidade, a ensinanza, a cultura, o comercio, o ocio, a burocracia ... abriron un abano de infinitas posibilidades para a ocupación laboral das xentes; e aí están as mulleres gañándose a pulso postos de liderago na sociedade de hoxe, primacía que se está a dar e que nun futuro non só non remetirá senon que se afianzará, se temos en conta, por exemplo, que no eido académico, colectivamente as mulleres son mais brillantes nos estudos que os homes, mais responsables, e que social e culturalmente son mais activas e emprendedoras que os varóns. Nada ten que ver as actuais circunstancias con aquelas que en 1841 obrigaron a que Concepción Arenal tivera que vestirse de home para asistir ás crases na Universidade; hoxe a matrícula feminina é superior á masculina.

Para decatarse desta evidencia non hai mais que botar unha ollada ó noso arredor, observar a vida cotidiana e ver cómo as femias, mais que os homes, se afanan en actividades sociais e culturais ou asociativas; cál é a proporción dos sexos en asistencia a actos de todo tipo e quenes, en todo tempo, están dispostos/as a aprender.

Daí que perderan toda actualidade hoxe aqueles versos que hai mais de cen anos escribira Curros Enriquez
Na miña terra unha moza / para coa xente se levar / ten que barrer, cociñar / rezar, fiar e ir á roza. /A folgazana non goza / de sona nin lado ten; fóxenlle os homes de ben, / mora en cabana sin tella / e morre, solteira e vella, / sen que a encomende niguén.

Desexamos ás traballadoras; ou sexa, a tódalas mulleres, saúde e felicidade.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES