Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peóns na estrada

jueves, 01 de marzo de 2012
Aínda son absoluta minoría os peóns (peatóns na fala popular) que camiñan polas beiras das estradas con brazaletes ou chalecos reflectantes que garanten que poidan ser vistos polos conductores e, polo tanto, non poñan en perigo a súa vida.

Nas estradas galegas morreron vinte persoas durante o pasado 2011, pero o tema tense recrudecido de xeito dramático cando tan só no pasado mes de xaneiro se rexistraron dez mortos nas vías interurbanas da nosa xeografía.

Os peóns mortos por atropelo en Galicia son persoas maiores de sesenta e cinco anos, que visten roupa oscura, non usan ningún elemento reflectante, e viven preto da estrada.

O feito provocou unha reunión da Comisión Autonómica de Tráfico para estudiar a problemática que rodea a estes accidentes, e tentar poñer freo a esta traxedia que só se pode remediar con información e mentalización, en campaña que se dirixa aos galegos da terceira idade de xeito especial, para facelos coñecedores dos riscos dun comportamento que outrora podería ser normal polo escaso tráfico entón existente.

As cifras de xaneiro, a metade do total de 2011, son preocupantes. E deben servir para cortar de raiz este gravísimo problema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES