Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fraude fiscal

jueves, 01 de marzo de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

A Esquerda Plural leva ao Congreso a loita contra os paraísos fiscais, onde un de catro euros en España non paga impostos.

Hai dous anos na xuntanza dos xefes de goberno dos países occidentais, xa tocaran este tema, porén. nada fixeron ao respecto. Os paraísos fiscais son outra grande estafa montada por estes "patriotas de postal" que son os que nos din que os parados teñen que ir a buscar traballo a Laponia.

Non interesa esta persecución do fraude, porque sempre veñen das mans dos seus socios que atópanse na cúpula gobernamental e son consentidos polos estados impunemente, permitindo
un deterioro progresivo das facendas públicas e a calidade de vida dos seus cidadáns.

A loita contra eles non só e necesaria, é urxente levala ata as últimas consecuencias. Entre esas medidas, deter aos
xefes de estado destes estados "piratas". A defraudación ás facendas públicas por estas grandes multinacionais en España é un insulto á humanidade.

Comentaba o articulista José María Villot:"Estos dias, la
democracia es mas débil" . Estou de acordo con el. Non encanto, o deterioro xa ven de antano, cunha diminución democrática na inxustiza destes recortes sociais, desta "estafa" económica onde
nos meteron, a falta de ética da maioría da clase política, de valores e deste fraude fiscal.

Tamén subliñar, outra falta de democracia está medios de información afins que nos teñen emboubado con manipulacións, tanto que case tódalas iniciativas no Congreso por parte desa
Esquerda Plural, non interesa que se comente. A ver se nos imos decatando polos medios dixitais e tratar de que nos entre ese “gusanillo” da dúbida e comecemos a cuestionar o noso estado de
liberdade. ¿Ata que punto nos lavan o cerebro?. Esta é a pregunta pola cal temos que responder.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES