Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O CPXG lamenta o peche de Público

martes, 28 de febrero de 2012
O CPXG lamenta o peche da edición en papel do xornal Público

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o peche do xornal Público, que onte xa non saiu á rúa por decisión dos seus xornalistas despois de que a empresa anunciara o fin do rotativo para este domingo.

Mediapubli, empresa editora de Público e da súa edición dixital Público.es, anunciou o venres á plantilla do xornal o peche da súa versión impresa despois de que non fose quen de obter financiación económica coa que sair do concurso voluntario de acreedores que presentou o 3 de xaneiro. A medida non afectará á edición dixital, que continuará coa súa actividade na rede, na que conta con 5,5 millóns de usuarios únicos, un seguimento que o sitúa como a cuarta web de información xeral en España, segundo os datos de OJD.

Para o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a perda dun medio de comunicación, un máis desde o inicio da actual crise económica, non só supón a perda de numerosos postos de traballo, senón que implica unha perda de pluralidade informativa que perxudica ao conxunto da sociedade. Por iso resulta fundamental que Mediapubli manteña unha aposta forte pola edición web e que non se limite a conservala baixo mínimos.

A Xunta de Goberno do CPXG expresa a súa solidariedade coa plantilla de Público e coincide cos traballadores en que o peche do xornal “supón a perda dunha voz crítica indispensable para a pluralidade informativa e de pensamento”. Asemade, eloxia a actitude de todo o persoal de Público nos case dous meses que transcurriron desde a presentación do concurso voluntario de acreedores, durante os que mantiveron o proxecto xornalístico co mesma calidade que ata xaneiro malia a incertidume que pendía sobre o seu futuro profesional e laboral.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES