Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por fin, unha luz

lunes, 27 de febrero de 2012
Tanto tempo agardando por unha decisión que fose favorable ás pequenas e medianas empresas, e por fin, unha pequena luz acéndese no horizonte.

Tanto tempo, porque aínda que o actual goberno leva poucos meses funcionando, este período é moito tempo para as empresas e os autónomos que están resistindo coas súas últimas forzas, agardando por un respiro que lles permita manterse a flote.

A decisión que o Goberno ven de anunciar de que se efectúen os pagos que as administracións adebeden a empresas e autónomos, sendo un remedio limitado, é un remedio para o tempo que vivimos no que as administracións restrinxen os seus pagos e os subministradores precisan solucións urxentes para que a roda da economía poida seguir funcionando.

Certo que esta é unha solución limitada, referida a aqueles conceptos, servizos ou subministrados acreditados, recoñecidos, certificados e pendientes de pago. E que non afecta a todos aqueles pendientes de calquera trámite oficial que se dilata, que depende da vontade política ou administrativa para rematar o trámite e situarse en posición de cobro.

Pero alomenos é a demostración de que o Goberno comprende o problema dos pequenos empresarios que precisan cobrar para poder pagar, para conseguir o que se denomina “circulante”, para que siga circulando o diñeiro e o mecanismo económico siga vivo e en disposición de crear riqueza.

Pero falta moito máis para que esto se mova. Falta, polo de pronto, que o Goberno cumpra o prometido de que o Ive non se pague ata que as correspondentes facturas sexan cobradas, co que as pequenas empresas xa non se constituirán en financiadoras dunha Facenda que podemos ser todos pero distamos de selo.

Por fin, unha luz no horizonte cercano. É un bo síntoma, un comezo. Pero falta moito máis para tranquilizar a todos os que, no fío da navalla, nin siquiera poden tirar a toalla porque están demasiado comprometidos como para poder tirar todo pola borda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES