Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gripe

jueves, 16 de febrero de 2012
Tanto poder salutífero teñen alcanzado medicinas e tratamentos, tanto coñecemento atesouran os nosos especialistas, e sen embargo a gripe segue a afectarnos de xeito case total todos os anos.

Parece ser que este ano a gripe – o “gripo” chamaban os nosos paisanos a esta e outras enfermidades- chegou con retraso a Galicia debido ás difíciles condicións climatolóxicas, especialmente a escasa chuvia, considerándose que o pasado fin de semana alcanzou o pico máis alto de incidencia, se ben polo de agora por debaixo da situación dos afectados noutras comunidades autónomas.

O Sergas considera que a gripe é xa unha epidemia, con tendencia ascendente, agudizada pola recente ola de frío siberiano, culpando da situación a un virus que aos profanos sempre nos parece o mesmo aínda que para os especialistas este ano o principal causante dos problemas responde ao nome técnico de AH3N2, con especial incidencia nos maiores a partir dos sesenta e catro anos.

O que saben as autoridades sanitarias é que aínda non saben cando a gripe actual vai desaparecer ou remitir, e que en Galicia está a afectar a tres de cada mil habitantes cifra que polo que observa cada un de nós no seu entorno debe ser manifestamente superior.

Circulou e segue a circular por Galicia a crenza de que curar a gripe con medicamentos son sete días, e sen tratamento médico unha semana. Ou sexa que, segundo o saber popular, hai que agardar que a natureza siega a facer o seu traballo, e a gripe acaba índose por si soa en canto o noso corpo derrota aos invasores.

A cousa non é grave, pero molesta si. En tanto non aparece un medicamento definitivo para erradicala, o remedio téñennolo dado os nosos devanceiros: cama, suor, e algún que outro trago. Pois xa saben!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES