Controlarse para Conducir
martes, 21 de diciembre de 2004
Os conductores están preocupados por diversos motivos, entre os que os controles de alcoholemia non é o menor.
Dun tempo a esta parte, en calquera celebración familiar, en calquera xuntanza de amigos, o tema recurrente é a necesidade de ser sobrios á hora das bebidas porque a Dirección Xeral de Tráfico está sendo especialmente sensible ó tema do alcohol relacionado coa conducción.
A baixada dos tipos máximos tolerados, a especial vixiancia, e a cercanía de festas especialmente proclives para a relaxación, fan especialmente complicado este tempo no que Tráfico pretende efectuar en todo o estado 10.000 controis diarios.
A conversa habitual nas comidas sobre o nivel de alcohol producíase o pasado fin de semana nunha cea en Guimaraes (Portugal), onde os nosos contertulios se mostraban asombrados das nosas preocupacións, cuestión lóxica se temos en conta que en Portugal o nivel de tolerancia de alcohol no sangue admite ata 0,50, o doble ca o noso.
En fin, que o remedio sabémolo todos. Se se bebe, non se debe conducir; e se se ha conducir, non se pode beber. A fin de contas non é máis ca un control. Un control que convén que todos fagamos previamente a calquera outro control dos que menudean nas nosas estradas.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora