Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pesadelo

miércoles, 08 de febrero de 2012
Espertando de súpeto dun pesadelo, do cal tan embebedo estaba, que cheguei a pensar que era horrible: non habia eléfantes! “par tout” segundo a Academie Française, ou coma di o Tallón “par doquier” dito, que segundo il, fai moi fino.

O caso é, que os elefantes acababanse, no pesadelo, coma unha media ducia de ovos na casa do pobre de solennidade, polo que non habia maneira de que as pitas se reproduxesen.

Estando nun estado de afliximento polo acaecido, acontecemento que non acontecera, cain na conta de que o único elefante que eu vira, fora sendo pequeno, denantes, naqueles anos, nos que pululaban os circos, un detes traguía un cabalo de Atila; o cal, enriba de ser pequerrecho, tiña mirada de fato -non me extraña, o probre quen tiña por xinete un cheiro que apestaba-, seria conscente do ridiculo que facia por unha mada de palla.

Axitando a testa para me espelir, espilido ou algo asi, púxenme a reflexionar sobor do asunto dos elefantes, dicíndome a min mesmo :

-Pero que carallo me importan a min que os elefantes se extingan cando eiqui están a facelo coas nosas vacas, cambiándoas por outras negras a manchas brancas ou brancas a manchas negras, sen cornos, sen rabo, creo, e cunhas ubres que non desexaria nin ter a “Xosefina do Montefurado”, por moito que o desexara o seu marido -ela estaba xa ben armada- . Marido, o obseso Mediano, que eisí se chamaba o neto da “Maruxa do Xan Pequeno”, de quen o fillo, pai do Mediano, estirara de si o que o seu pai, avó do Mediano, non fixera, polo que á sú nai déranlle en chamar “Carme do Pepe Largo” ; poida que o Mediano, por aquelo de tanto mirar para enriba e para embaixo, déralle en poñer os ollos de fronte, facendo coincidir seu mirar nas prominencias das mulleres, polo cal lles collera tanto apego; ata que un bon dia deu cos portentos de Xosefina, a quen il chamaba “a de Monterredondo” poida que por darlle máis énfase á conquista das súas prominenzas …

E onde estaba eu …
Ah, xa!. Nos elefantes?
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES