Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Regreso ó futuro

viernes, 17 de diciembre de 2004
Debo ter no cerebro un importante componente artístico, porque para a maioría das situacións ocórrenseme referencias musicais ou cinematográficas. Calquera situación remíteme a unha canción ou a un título de película, aínda que a referencia sexa certamente indirecta e a miña imaxinación me xogue unha das súas.

A última que se me producíu ata o de agora foi cando me enterei de que algún tipo de Plan pretende que en Galicia as sete cidades máis importantes do noso País estean enlazadas entre sí de xeito que para viaxar en tren entre dúas o tempo previsto sexa de trinta minutos, e cando a circulación sexa en automóbil por autovía de sesenta minutos.

E xurdiume na mente o título cinematográfico de "Regreso ó futuro", aínda que a serie de películas que responde a este nome (xenial especulación, por certo), non se refire a desplazamentos no tempo actual senón hacia o pasado ou hacia o futuro.

Por agora é de ciencia ficción pensar que en sesenta minutos se vaia de A Coruña a Ourense. Conséguese de Lugo a Santiago (rodeando bo número de Kilómetros), A Coruña ou Ferrol, pero non de Lugo a Ourense e Vigo, de Ferrol a Ourense, de Santiago a Ourense...

Peor é o do tren, xa que se pensar que se vai ir de A Coruña a Lugo en trinta minutos é unha ilusión; unha quimera resulta plantealo para o traxecto Lugo-Ourense, para A Coruña-Santiago, porque Lugo-Santiago nin siquiera hai por onde.

En fin... Camiñamos hacia o futuro, e seguro que en menos anos dos que hoxe pensamos se vai poder circular a esas velociades -con eses resultados temporais- entre as sete cidades deste antigo Reino.

Pero para que este Plan resulte crible nestes momentos faría falla un regreso ó futuro; unha viaxe no tempo, xa que só comprobándoo persoalmente nese futuro perfecto posible poderiamos asumir esta posibilidade por agora incrible.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES