Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Querido Chema

jueves, 02 de febrero de 2012
Estou escribindo esta carta en un día moi especial para min. Hoxe foi a despedida dos meus compañeiros durante os últimos catro anos no concello. Fíxeno por última vez na miña vida profesional.

Fixérao varias veces en todos os centros onde eu traballei ou tiven responsabilidade, pero hoxe foi diferente porque non era para emprender outra aventura, era saír cara a miña casa, ocuparme máis da miña muller, dos meus fillos e, especialmente, dos meus catro netos, tamén da horta, das galiñas, de ler o que non lin, escribir o que non escribín, etc., etc.

Díxenlle ao meu neto Ángel, o único que ten idade e madurez para entender isto: - "A partir de hoxe recollereite todos os días na escola e iremos os dous xuntos coa bicicleta os sábados e os domingos.

- Paréceme ben, avó, pero eu tamén quero que veñas comigo á escola de música e me compres unha frauta.

- Faltaría máis: Escola de música, frauta e mesmo penso poñerme a solfear.

E así unha longa conversa que me fixo lembrar o noso avó Ángel, todos sentados ao redor contando a viaxe a Castela para facer a colleita. As súas memorias do pasado, o seu consello para o presente, e sempre que lle gustaría que tivésemos un futuro mellor que o seu.

Coido que estes días ao redor da túa cabeza andan as mesmas ideas. Estou seguro que tamén tes presentes a todos os que nos axudaron a saír para adiante e para que agora podamos gozar dunha actividade diferente. Eu rexeito dicir iso do "merecido descanso" porque non desexo descanso nin sei se o teño merecido, só cambiar de actividade.

Teño envexa de ti só dunha cousa, aínda que eu siga para sempre ligado á terra do meu nacemento, non poder aprecialo como ti.

Apeteceríame moito co tempo libre e as ocupacións que teño agora, camiñar por todos os escenarios que pisara de neno, andar polos que só coñecía o camiño, sentarme un tempo nas marxes do río onde fun pescar con Salgado, un tempo á porta da vella escola, outro pouco nun campo no que tantas tardes pasei coas vacas e ter un momento para pasar por onde eu collín patacas, amarrei trigo ou carguei un carro de toxos.

Desde aquí isto séntese doutra maneira e non serve con pasar por aí quince días unha vez ao ano.

Estes días pasan pola miña cabeza unha morea de cousas. O día que papá vendeu as vacas e Remedios tivo a decepción da súa vida, porque, aínda que soubese que tiña que descansar un pouco, arrincábanlle un anaco da súa vida. Penso e vexo que para nós é diferente, afortunadamente. Pero algo tamén nos faltará.

Todos os días cando os nenos visitaban a casa do concello contáballes unha pequena historia: "D. Diego Gómez Manrique foi Correxidor de Toledo no século XVI e mandou gravar o que segue nunha táboa que permanece na escaleira da entrada:

Nobles discretos varones
que gobernáis a Toledo,
en aquestos escalones
desechad las aficiones
codicias, amor y miedo.
Por los comunes provechos
dexad los particulares.
Pues vos fizo Dios pilares
de tan riquísimos techos,
estad firmes y derechos.

E eu digolles: "Como profesor y como Concejal, me siento orgulloso de haber trabajado por los comunes provechos de todos los toledanos. Grabad para siempre estos versos que son toda una filosofía de vida."

Sei tamén que esta foi a túa filosofía de vida, aínda que non todos o van recoñecer ou comprender.

Cando me chamaron os teus amigos para escribir unhas liñas para o día da túa despedida como profesor no Instituto (só iso, porque non vas deixar de ser mestre), pensei naquela data do 24 de xuño de 2000, cando papá viu chegar o final e díxome que ocupara a presidencia da mesa familiar ao seu lado.

No seu nome e no de todos os que xa non están, pero que para nós seguen tendo unha presenza forte, que comeza co avó e que remata coa que nos deixou fai pouco tempo, dicirche que estamos orgullosos de que sempre traballaras "por los comunes provechos" da xente da nosa terra.

Continuarás facendo o mesmo sen a responsabilidade de erguer tódolos días ás sete, pero co espírito emprendedor que sempre tiveches.

Estou seguro de que lles gustaría dicirche isto.

Unha aperta de Nines, Iñaki, Elena, Javier e Marian. Tamén de Ángel, Elena, Margriet e Marcos. Elena dime que apreciou moito o que escribiche sobre Remedios. Para eles tamén foi unha nai sen fillos.

Espero que poidamos compartir este verán un dos paseos a carón do río e lembrar algunha das historias do avó. Unha aperta forte Ángel.
Felpeto, Ángel
Felpeto, Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES