Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luces e sombras do Xuiz Garzón

lunes, 30 de enero de 2012
O xuíz Baltasar Garzón está a ser o punto de atención dos medios de comunicación, esta vez, por motivos ben diferentes aos que era habitual nel.

Moitos dos que admiramos o seu papel como xuíz nos casos de terrorismo de estado, a loita contra o narcotráfico, as ditaduras, an que, ben é verdade, soamente se eran de dereitas e a corrupción. Asistimos atónitos o descubrir as tres raias vermellas que traspasou nun estado de dereito.

Eses tres casos graves por o que xa se sentou como acusado no Tribunal Supremo, ou está a punto de sentarse son:

1. Escoitas telefónicas no caso Gürtel entre o acusado e os eu avogado defensor. Nun estado de dereito so se poden intervir as comunicacións cliente-avogado en caso de terrorismo. Esta medida ten o seu fundamento para non vulnerar o dereito a defensa (24 CE). Así que por moi importantes que sexan os fins, nunca se poden romper as barreiras do dereito, no que respecta aos medios a utilizar.

2. Investigar os crimes do franquismo. Este é o segundo punto crítico, o xuíz non se lle acusa por investigar os crimes do Franquisno, senón por investigar un asunto para o que non tiña competencias. Ademais, nunha resolución previa, arquivou unha denuncia de familiares de asasinados en Paracuellos, en base a lei 46/1977.

Esta parte tan triste da nosa historia, mostra a cantidade de inocentes asasinados, da forma máis vil por os dous bandos, e ademais, cando un ten tan pouco aprecio por os protagonistas: nazis, fascistas e comunistas, que escolleron o noso territorio, para por a proba o exterminio de persoas, ben por a súa raza, as súas crenzas, ou as dúas cousas a vez, ambos bateron récords, no exterminio de persoas, uns, os comunistas aproxímanse os vinte e cinco millóns e os nazis, xunto cos fascistas non lle andan lonxe.

Cando un descubre o que pasou en Paracuellos, compárao co que pasou moi preto da miña terra no Alto do Furriolo. Descubro que o terror sufrido é equivalente. En Paracuellos foron asasinados preto de cinco mil persoas, dos cales máis dun terzo eran menores, moitos deles foron enterrados vivos, a autopsia determinou que un gran número tiñan area e terra nos pulmóns, e no alto do Furriolo en terras de Celanova, onde se asasinou a tantos inocentes, en lugar de darlle o tiro de graza, deixábase cun tiro na barriga para que tiveran esa agonía tan intensa, antes de falecer. O meu pai, grazas que fuxiu, e alistouse voluntario na lexión, senón os fascistas da zona de Bande ían a por il, e non contentos con iso, unha vez no fronte mandáronlle recado, non para recomendalo, senón para dicir que era comunista.

Todo o mundo ten dereito a recuperar os seus mortos e darlle unha sepultura digna, o tempo que un deber de castigar os culpables, tanto dun bando como do outro. O mellor é empezar o castigo por os que aínda están vivos.

3. O terceiro caso que ten pendente, é por suborno, ou ben chamado “cohecho impropio” . O xuíz, solicitou directamente ao banco de Santander, o BBVA, Telefónica, Cepsa e Endesa, axudas para impartir a docencia na Universidade de Nueva York. De momento están acreditados, que recadou 1,2 millóns de dólares.

O máis grave do asunto,non é que non declarara eses ingresos, senón que parte desas entidades tiñan causas pendentes na Audiencia Nacional, e algunha no seu xulgado, e ao parecer a volta de Nueva Yor, arquivou os asuntos.

Eu desexo o mellor para o maxistrado, pero vexo moi difícil que poida salvar estas tres incidencias tan graves, posiblemente estemos ante un heroe que foi de vitoria en vitoria ate a derrota final.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES