Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Irixo

viernes, 20 de enero de 2012
Un pequeno concello ourensán vai acoller a planta de lixo da Galicia sur, para completar o mapa das instalacións que se consideran precisas para completar o tratamento dos residuos xenerados neste país.

Se existe decisión oficial dos organismos responsables para que este tipo de instalacións se constrúan como mellor solución para a eliminación do lixo que todos xeneramos, só falla determinar en que lugar dos 315 concellos galegos se vai instalar, conseguir o consenso das administracións implicadas, analizar detidamente as repercusións de todo tipo e establecer – no caso en que haxa perxuicio para o concello afectado e a súa zona de influencia- as compensacións de todo tipo.

Algo fallou ata o de agora en este tema cando se anuncia a elección deste concello para a instalación da macroestructura de tratamento do lixo pero non se conseguíu o consenso necesario como se ven de poñer de manifesto.

Nalgúns concellos do contorno, entreles O Carballiño, grupos de xente puxéronse en pé de guerra e acudiron en manifestación de protesta diante do que consideran danos máis que colaterais que lles van afectar e sobre os que non foron consultados. E como nos mellores tempos da predemocracia nos que a Igrexa se constitúa en protagonista na defensa de intereses populares, o arciprestadego de O Carballiño-Orcellón pronúnciase desde os púlpitos contra o que consideran agresión lesiva para os intereses agro-gandeiros da zona.

Imponse o diálogo. Se as autoridades na materia, o concello do Irixo, os representantes do pobo queren cumprir co seu papel teñen que provocar coñecemento do tema a todos os niveis, ser informados e informar, tomar postura e crear opinión antes de que se produza un rompemento irremediable entre os partidarios dunha instalación e os que se opoñen a ela.

A situación dunha industria coma esta ten que contar coa xeneral aprobación. E esta só se consegue co diálogo, a información, e o consenso. E, polo que se ve, polo de agora non existe. Todos os implicados teñen que falar, e a decisión que se adopte, que sexa coa participación de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES