Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Garzón: A Xustiza frente á Xustiza

jueves, 19 de enero de 2012
Nunca fun siareiro de Baltasar Garzón; consideréi sempre que non é doado o facer da instrucción penal un “vodevil” ás vistas de todo o mundo, facendo públicas todas e cada unha das fases do procedemento, vulnerando dese xeito o principio fundamental de “in dubio pro reo” e provocando con elo unha condena pública dos imputados antes de seren xuzgados. Nelo a traxectoria profesional de Garzón ten indudablemente unha parte de culpa. Máis, por outra banda non podo deixar de recoñecer a gran aportación do xuiz Baltasar Garzón para conquerir unha Xustiza máis preta do pobo e conquerir da cidadanía a corresponsabilidade coas decisións xudiciáis.

Todo elo truxo como consecuencia que si hoxe a calisquer español se lle pregunte polo nome dun xuiz a sua resposta decontado será: Garzón, e maioritariamente aprobando a sua laboura xudicial. Non é para menos.

E sí facémolo dende as terras de Arousa ninguén pode por en dúbida que foi precisamente Garzón coa sua “operación nécora” quen nos quitóu a venda dos ollos e fixonos comprender perfectamente a todolos arousáns que os narcotraficantes que paseaban non soio impunnes senón tamén con recoñecimento i eloxio público polas nosas ruas e vilas eran e siguen sendo o maior perigro para a nosa sociedade. Non podemos esquecer que toda unha xeración, que hoxe tería sobor dos coarenta anos, véuse completamente mermada a consecuencia da droga.

Máis hoxe asistimos pampos ó espectaculo de ver ó xuiz Garzón sentado como imputado nunha sala do Tribunal Supremo acusado de delito penal por tentar de lle por coto a isa gran lacra social que é a corrupción pública, cando curiosamente os delincuentes da “trama Gurtel”, por él descuberta e detidos os seus responsables, contemplan tranquilamente e regodeándose como o cazador foi cazado. E aínda por riba parte das autoridades xudiciáis, gubernativas e dos medios de comunicación aplauden ese sinsenso de que o instructor -non xuzgador- sexa xuzgado antes que os reos por él descubertos e aprehendidos.


Eu que aínda conservo o meu tíduo i experencia como profesional da Xustiza podería expoñer agora cantidade de razóns para amosar a inmensidade de incongruencias que se están a dar con iste procesamento a Garzón, máis só quero dar a miña opinión como un cidadán da rua: sí hoxe a “xustiza” -con minúsculas- “enxuiza” a un Xuiz (perdoen a redundancia) por tentar de perseguir ós delincuentes -aínda que vistan toga profesional de advogados- por pretender “blanquear” os diñeiros conqueridos por mor dos seus delitos, é tal barbaridade que nos levará a todolos cidadáns a berrar ben forte: ésto non é XUSTIZA.
Bouza-Brey Villar, Gonzalo
Bouza-Brey Villar, Gonzalo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES