Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fraga levaba a Galicia no corazón

martes, 17 de enero de 2012
Manuel Fraga foi o político máis importante en España nos últimos cincuenta anos. Como se dicía a cotío, “tiña o Estado na cabeza”, ao que hai que engadir, sen dúbidas, que levaba a Galicia no corazón, porque sempre defendía as necesidades e os intereses da súa terra onde queira que fose.

Se algo hai que valorar de Manuel Fraga é a gran valía que tivo como político, pois foi quen de adaptarse sempre aos tempos, e vindo da etapa da ditadura, foi un dos impulsores da democracia e un dos pais da Constitución, para posteriormente, na súa etapa como presidente da Xunta vir a Galicia co firme obxectivo de quería colocar á nosa terra entre as comunidades máis avanzadas de España, como así fixo, dándolle á nosa rexión un plus de importancia en todo o mundo.

No ámbito institucional, Manuel Fraga deixa un gran legado a Ourense, pois todas as obras importantes que se fixeron na nosa provincia teñen o selo de Fraga, algunhas delas tan importantes como a recuperación do Teatro Principal, a construción do Centro Cultural no antigo edificio Simeón, a Ponte do Milenio e o Auditorio de Ourense, sen esquecer que Manuel Fraga foi o impulsor das autovías a Galicia e da que une Santiago con Ourense.

Lamento profundamente o seu falecemento, e as condolencias para a súa familia son as de todos os galegos que amamos fondamente á nosa terra, que sentimos a desaparición dun galego universal, que xogou un papel fundamental na vida pública española dos últimos sesenta anos, erixíndose como protagonista incuestionable do século XX.

Fraga foi unha referencia indiscutible da transición española, puxo en marcha un proxecto político que hoxe é a forza con maior número de militantes de Europa: o Partido Popular; presidente da Xunta de Galicia durante dezaseis anos -obtendo catro maiorías absolutas do pobo galego, froito da súa "autoidentificación" cos intereses de Galicia-.

Ademais, foi autor intelectual de propostas no eido político tan importantes como a "Administración Única", a representación das autonomías diante dos órganos da Unión Europea ou a "conferencia de presidentes autonómicos".

De xustiza é recoñecer a figura que foi Manuel Fraga, unha persoa, un político, ao que Galicia e España lle deben render homenaxe permanente, pois foi unha das claves principais da nosa historia recente.

Descanse en paz.
Baltar, José Luis
Baltar, José Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES