Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eurocidade Tui-Valença

martes, 17 de enero de 2012
Non podemos nin queremos evitar sentir satisfacción cando se camiña nunha dirección que nos parece acertada. E como coidamos que as relacións de Galicia e Portugal, e naturalmente as de España e Portugal, deben estreitarse para ser algo máis ca viciños, calquera medida que se tome seguindo o sentido común, e con visión de futuro parécenos acertada.

Acertada parécenos a decisión da Xunta de Galicia, tomada no último Consello semanal, de autorizar o protocolo de cooperación para a creación da eurocidade Tui-Valença, para que o que a natureza e o decurso do tempo uníu se recoñeza e potencie no futuro.

O que en tempos era fronteira, garnida por unha ponte internacional, hoxe quedou esquecida como se unha terra de ninguén nacese entre Tui e Valença e a mesma ponte sexa un monumento a un tempo que non pode volver.

E son milleiros os portugueses que acoden a Tui a facer as súas compras, repostar combustible ou disfrutar dun tempo de lecer; e son lexión os tudenses, os galegos, que pasan a Valença, a Portugal, sentindo que xa non é o estranxeiro.

Se estamos en Europa, as fronteiras dilúense en beneficio de todos, e convén potenciar as localidades fronteirizas para que en lugar de esmorecer se potencien mutuamente. Tui e Valença están chamadas a entenderse, a comerciar, a unirse por vínculos de todo tipo.

A aprobación do protocolo de cooperación é unha boa noticia e non fai máis que afondar no que as xentes da comarca, galegos e portugueses, levan experimentando e anceiando desde hai moito tempo. A realidade vai por diante, pero as posibilidades de futuro son ilimitadas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES