Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dereitos humanos: Teoría fronte realidade

jueves, 09 de diciembre de 2004
Estamos a celebrar o día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. O artigo 26 di: “Toda persoa ten dereito á educación. A educación ten por obxecto o pleno desenrolo da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais. Os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación para os seus fillos”. Todos sabemos da importancia da educación. Abondan estudios que nos din que os primeiros anos son cruciais na vida dunha persoa. Se todo esto é importante para calquera, moito máis para os nenos ou nenas que teñen algunha dificultade. Nestes casos é imprescindible unha atención especializada e coordinada.

A política educativa na Unión Europea diríxese cara a integración dos alumnos con necesidades educativas especiais nos centros escolares ordinarios, cos apoios materiais e humanos necesarios para potenciar as súas capacidades e propiciar a participación no ambiente familiar, escolar e social. Fálase da importancia dunha intervención temperá na etapa infantil porque é un momento clave para a detección das deficiencias e para a prevención de dificultades de aprendizaxe. Sen embargo, a toma de medidas nesta etapa de escolarización é practicamente nula.

Resulta difícil facer valoracións porque non constan aproximacións do acadado nos últimos 15 anos, o que impide saber se as Leis en materia educativa serven ou non. Lexíslase por lexislar sen avaliar. Podemos dicir sen temor a equivocarnos que “a igualdade de oportunidades brilla pola súa ausencia”. Esta desigualdade agrándase no caso de familias con baixos recursos económicos, sobre todo, se viven na zona rural. A desastrosa escolarización das persoas discapacitadas afástanos de Europa.

Algúns datos significativos: A proporción de alumnos con necesidades educativas especiais integrados que non reciben ningún tipo personalizado de apoio é dun 46%. Están presentes na aula e gracias. Se comparamos co 44% da media europea, o noso país queda polo chan. Tan só un 10% das persoas con discapacidade severa e un 13% con discapacidade moderada teñen o título de Secundaria. Só un 3% de alumnos/as chega á Universidade.
Danse situacións contradictorias xa que son os nenos ou nenas os/as que se teñen que adaptar aos recursos da gardería ou do colexio e non estes ás súas necesidades. Nalgunhas convocatorias de oposición a reserva de prazas para persoas discapacitadas queda vacante por non estar preparadas para acceder a eses postos. Elemental se non se respectou o principio de igualdade. Non preocupan os primeiros momentos da integración escolar e logo prográmanse todo tipo de actividades para quedar ben.

Non vaian pensar que estou falando por falar. Son frases e datos recollidos no informe do Consello Económico e Social (CES, 2004) publicado no mes de xuño. Como podemos supoñer a realidade é ben distinta da teoría. Presenta un panorama desolador dos resultados da escolarización das persoas con discapacidade, figurando España cun atraso moi alto con respecto á situación na Unión Europea. O informe é pesimista no sentido de que superar esta situación vai levar moito tempo. Nós queremos lembrar que só temos unha vida e non podemos esperar. A lexislación está en futuro, pero a vida está no presente. E o presente é que se está pisando o dereito a recibir unha educación e unha formación acorde coas características de cada persoa.

Colectivo AdianteXá
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES