Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Temores

martes, 07 de diciembre de 2004
Eu admírome de como sabe o PSOE vender o seu producto.

Calquera tema que se soluciona, ofrécesenos por pasiva e por activa; previamente, durante, e ó remate; de xeito total.

Non sei se é cousa dos asesores de prensa ou que lles reina ós políticos do Partido Socialista Obreiro Español, pero visto está que teñen unha capacidade de relacionarse públicamente que non pode ser cousa exclusivamente de profesionais da comunicación, aínda que tamén saiban utilizar axeitadamente os seus servicios.

Mesmo cando non hai nada que vender e só é fume o que se pode presentar, venden fume con tan axeitado sentido comercial que nos fan vivir nun mundo perfecto ó que os políticos contribúen a selo moito moito máis.

Por eso me escama o do Plan Galicia. Porque non nos venden nada, como se non tivesen existencias.

Se algo houbese, teriamos tódolos galegos a conciencia plena de ter ou estar todo resolto.

Aínda que non lles goste o nome; aínda que a ministra renegase do “Plan Galicia de mier…”; aínda que o vaian cambiar por calquera outro Plan.

Escámame moito que non nos vendan nada; que non nos vaian entretendo ata o momento de ir votar; que non nos conten algo do futuro perfecto que nos agarda.

O de Galicia, moito me temo, non é Plan.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES