Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aló van

jueves, 12 de enero de 2012
Aló van as festas, e por aí quedan os restos:
piñeiros destragados, drentro e por fóra dos contenedores do lixo, guirnaldas desbotadas e outros enseres que lle son propios.

No ano de crise poucas botellas baleiras, poucos restos de mariscos e o que máis me chama a atención, moitos monecos importados de máis ó norte, vestidos de roxo aos intereses da grande bolicheira de cafeinados, descafeinados e dezucrados.

Grande, neste mundo grande acaparador, onde todo vai para grande menos a honradez (que semella estar mal vista) e a cultura á que tratan de peste -debe ser por iso que fixeron tantos corpos armados para vacinarnos dela, a tiros!-

Ó que eu ía : eses monecos guindados polas fiestras e balcóns, de escadas de corda que o vento foi desenfiando, nos que os pobres monecos parece que estivesen pendurados do pescozo. Aló van todos !

Aló van, as festas do nadal, onde a meirande parte das xentes por estas latitudes quedan fartas de finxir sonrisos ; esto que é implícito a desexar «un próspero ano novo » a todo aquel que se cruza. Mesmo ao veciño do cuarto, que está ata os restos da próstata que lle quitaron, da veciña do terceiro, que non para de fregar o descansiño -para ver todo o que pasa no vecindario-, o que provoca que o susodito veciño teña que baixar as escaleiras, para non esvarar, trincado ó pasamáns coma un gato enfurecido da persecución dun can ás polas dunha arbore.

-Felices, e próspero ano novo Felisa ! -dille o enfurecido, co sorriso de rigor. á aguaceira, mais sen se soltar do pasamáns.

-O mesmo lle desexo, don Monolo ! -os homes de antes chamábanse coma era debido-, contesta ela co mesmo sorriso para fóra, mais para drentro, repara no seu pensamento:

(-Meeexón! Que o demo me leve se non vai catro veces na noite a mexar, e o condanado ca súa manía de tirar da cadea por cada aliviación!)

(-¡Tirar da cadea desa maneira ! ¡Manías ! Ben poderia facelo unha vez pola mañá e listo!... Meeeexónnn!)
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES