Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despoboación

miércoles, 11 de enero de 2012
O maior problema do rural galego, nestes momentos, é o envellecemento da poboación, a marcha da mocidade, e o progresivo abandono de casas e aldeas que outrora compuñeron un tecido humano amplísimo e poderoso.

Certo que en tempos houbo fortes correntes migratorias hacia América, Europa ou o resto de España, pero daquela Galicia tiña unha población numerosa diseminada en milleiros de núcleos difícilmente comunicados que favorecía a autarquía e a inmobilidade.

Ainda que pareza un contrasentido, o establecemento de comunicación entre os pobos do rural, electrificacións, redes telefónicas e dotación de servizos foron outros tantos elementos aceleradores dunha marcha de poboación activa cara os lugares de traballo e progreso. E chegamos ao momento actual onde as aldeas gozan na práctica dos mesmos servizos que nas cidades, pero cada vez hai menos xente e cada vez a xente que hai é máis vella.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, ven de reclamarlle ao novo presidente da Fegamp (Federación galega de municipios e provincias) a creación urxente dun grupo de traballo contra a despoboación de Galicia, continuando a iniciativa formulada na anterior etapa dentro do foro “Lugo reacciona”, como unha total necesidade pola situación que o rural lucense – e o galego en xeral – está a presentar.

A inmensa maioría dos alcaldes do rural están preocupados polo asentamento de poboación, creación de postos de traballo, impedir o abandono paulatino de amplas zonas da nosa xeografía que pechan as casas e morren como lugares sustentadores de vida.

Imponse o traballo conxunto de todas as administracións implicadas no problema, do que todos seremos perxudicados individual ou colectivamente. Da revitalización rural depende o noso futuro. Galicia sempre foi no rural e no rural tivo as súas mellores manifestacións de tradición e cultura; só no rural atoparemos un futuro para a Galicia humana na que cremos. Sen a Galicia rural, non haberá futuro para este país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES