Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O que Galicia precisa

miércoles, 11 de enero de 2012
Galicia está a vivir momentos de dificultade e precisa da súa xente máis capaz para saír canto antes deste estancamento.

O goberno da dereita, lonxe de rematar coa crise e co paro, está a levar a este país a un dos peores momentos da súa historia recente. Ademáis de envilecer, coas súas prácticas tramposas, a vida política e cidadá, a deriva económica é das peores do Estado: vimos de coñecer que Galicia é a segunda comunidade donde máis aumentou o paro e A Coruña ocupa o último lugar neste terreo.

Diante desta dereita falaz, antigalega e inoperante temos unha oposición que, case tres anos despois, ainda non soubo dixerir a derrota electoral e continúa a lamber as propias feridas esquecendo as súas obrigas co país. O labor e a imaxe dos partidos da oposición neste tempo deixa moito que desexar. O PSdG terá que atopar o seu propio rumbo, deberá buscar novos rostros que sexan creíbles e recuperar un discurso socialdemócrata e galeguista que o faga respetable diante da poboación.

O BNG forma parte imborrable da historia recente de Galicia. Mais a deriva que está a seguir nas últimas confrontacións electorais e o deterioro da súa vida interna, provocado pola actuación parasitaria practicada pola UPG, están a levar a esta forza -necesaria e mesmo imprescindible para recuperar o rumbo neste país- por un camiño equivocado, que a pode situar como un grupo marxinal e sen posibilidades de recuperar cotas de poder para ser utilizado ao servizo do pobo.

Galicia non precisa unha forza anclada no pasado, cunha visión idealizada do país e cun proxecto arcaico e inviable. Galicia non precisa un discurso anacrónico que tente recuperar ideas que xa deixaron de ser útiles hai 40 anos. Galicia non precisa unha forza que excluinte e sectaria, que se sinta propietaria das esencia do país, da cultura e da lingua propia. Galicia non precisa de ningun “gran timonel” que a guíe cara un futuro ideal soñado e inalcanzable. Tampouco precisa da vaidade e do narcisismo de algúns persoeiros que, se tiveron un papel protagonista no pasado recente, non teñen nada que ofrecer para o futuro, agás a súa propia egolatría.

O que Galicia precisa neste momento, con urxencia, é un grupo de xente moza, formada, competente e comprometida co país que estean dispostos a traballar con toda a honestidade e a humildade que o momento esixe para conseguir situar ao BNG, de novo, nunha posición que lle permita gobernar nas distintas instancia do poder, para mellorar as condicións de vida do pobo e alimentar a esperanza das súas xentes, para pelexar pola construcción dun futuro mellor para nós, os nosos fillos e os nosos netos.

Galicia precisa dunha forza nacionalista non excluínte, que entenda o país plural e diverso que hoxe somos, que non teña un discurso sectario senon agregador de vontades, que saiba construir relacións fraternais cos demáis pobos ibéricos e que olle a Europa como o espazo común donde deberemos traballar polo futuro e o benestar. Hai xente no BNG con capacidade para liderar un proxecto de futuro (Aymerich, Noriega), lonxe de arcaísmos, de narcisismos e de visións idealizadas da realidade. Hai xente no BNG que pode aglutinar vontades dentro, e que pode xenerar ilusión e esperanza nun grande sector da poboación que xa se decatou das nefastas consecuencias das políticas antigalegas desenvolvidas polo PP e anda na procura de novas alternativas que lle permitan confiar no futuro sen ter que fuxir da propia terra.

Hai unha certa urxencia. De continuar no poder, unha lexislatura máis, a facción ultraliberal que hoxe ocupa o poder, o retroceso de Galicia no mapa autonómico sería tal que faría moi difícil, se non imposible, recuperar a autoestima, a confianza e o orgullo colectivo deste país. Hai que tomar decisións xa. Os que estean dispostos a empuxar nesta dirección deberán facelo axiña. Se non se actúa hoxe con valentía e xenerosidade pode que dentro dun tempo o país enteiro o lamente. Pero xa será tarde.
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES