Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un paso adiante

martes, 10 de enero de 2012
Cantas veces os medios informativos teremos tomado – agardemos que non en vano- a cita de Xosé María Díaz Castro de “Un paso adiante e outro atrás, Galiza”!.

Resultou tan clara a mensaxe do seu poema “Penélope”, tan evidente a súa clarividencia histórica, que é unha mención e recurso obrigado cando se fala da historia de Galicia e cando se especula co seu inmediato futuro.

Nestes tempos nos que o Goberno de Madrid está en sintonía política de Galicia e en teórica sintonía cos nosos problemas e posibles solucións, é lóxico que a oposición no Parlamento galego demande do Presidente da Xunta unha firmeza na defensa dos intereses galegos diante do Goberno amigo da nación. E a resposta de Feijoo indicando que “non dará nin un paso atrás” nas súas conviccións dos dereitos e das necesidades de Galicia fainos recordar o poema do gran escritor chairego ao que algún día haberá que dedicar o “Día das Letras Galegas” para que a súa figura e a súa obra sexan de dominio público de todos os galegos.

Peor por unha vez gostaríanos que Díaz Castro non tivese razón, e fose unha excepción esta situación, dentro do xeral panorama que el contemplou sobre o devir histórico desta nosa comunidade fisterrá.

A postura firme de Feijóo contará, seguro, co respaldo de todos os galegos, de todas as forzas políticas – hai que supoñelo- e dos novos cargos no goberno de Rajoy, que coñecen perfectamente situación e necesidades. E aínda que preguntas e respostas parlamentarias son case sempre pura retórica, nesta ocasión queremos tomalas ao pé da letra, e considerar que a resposta do presidente é moito máis ca un recurso fermoso nun debate político. Agardamos que sexa moito máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES