Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Isaac, dende Arousa: Sempre no corazón

lunes, 09 de enero de 2012
Déronme a fatal nova, non daba creto; aínda hai poucos dias feliciteiche telefónicamente o ano e ti estabas cos mesmos azos de sempre a debullar arreo en novos proxectos. Tiven que acocharme diante a evidencia ó escoitar o noticiario.

Tremín como un bimbio na nortada, era certo. Nun intre mil lembranzas amosáronse de preto: tí i eu, mestre e discípulo, presentando libros, participando en congresos, conmemoracións, traballando decote en proxectos editoriáis ou levando por onde quer que foxe o mensaxe irrenunciable que de por vida nos ensinaches: Galicia e libertade.

As cousas son así e non hai volta que darlle. Oíncho moitas veces. Pero cando mo dixeron xurdiron cantidade de reflexións. Ao meu amigo decirme:”morréu Isaac” eu xa soupen de contado que soamente podías ser tí. Ese nome así sin máis, soio, era coñecido en toda Galicia como a tua referente. Abaneéime.

Ao rematar co Diaz Pardo non era que tivera dúbidas, pero decatéime da inmensidade das verbas; do Isaac, entrañable e agarimoso pasóuse ó Isaac Díaz Pardo, monumental, referente indiscutible da grandiosidade de Galicia, da que co teu traballo arreo durante toda a tua vida fuches exemplar testimuña.

De contado xurdíronme cantidade de lembranzas:

Tí i eu paseando, alá polo 79, en Vilagarcía polas praias da Concha e Compostela falandome tí das tuas andanzas polos mesmos areáis alá na tua nenez cando o teu pai, o tamén inmortal Camilo Díaz Valiño, traíate para que poideras disfroitar dos teus primeiros baños. E moitas veces acompañados da familia doutro inesquecible martir de Galicia, Anxel Casal, alcalde republicano de Santiago i editor de Nós, moi vencellado tamen cas terras arousáns.

E agora matinando e relembrando as tuas verbas daquela comprendo a inmensidade da tua mensaxe. Do Díaz Valiño, artista, aprendiches toda a esencia da vida e do arte; do Casal, editor, achegacheste ó máis fondo do labor bibliófilo. E deles dous e todolos teus mergullácheste no amor a Galicia. E de todo elo, mesturado co seu exemplo de honestidade i entrega ós ideáis, sacaches o que foi o teu guieiro durante toda a tua vida, ao igoal que todolos bós e xenerosos en todo tempo, lugar e circunstancia: Patria e libertade.
Fixeches un inconmesurable labor editorial con Edicións do Castro e artística i empresarial con Sargadelos e o Laboratorio de Formas de Galicia, universalizache o mellor do arte popular da nosa terra conquerindo que todos os nosos visitantes levaran até as sua terras de orixe unha testimuña, coas tuas cerámicas, non só do máis fondo do ser de Galicia, se non, tamén, unha mostra indiscutible dos valores innovadores e creativos do noso pobo.

En Vilagarcía no 1983 coa presentación do libro de Marivi Villaverde “Tres tiempos y la esperanza” ou coa da obra completa de Luis Bouza-Brey, o meu pai, que tí non dubidaches nin un só intre en publicar -gracias eternas-, ou en 1997 no Congreso da Poesía Galega adicado ó 50 aniversario da publicación en Vilagarcía de “Cómaros verdes” de Aquilino Iglesia Alvariño, o primeiro libro publicado en galego durante a “longa noite de pedra” que diría o poeta; ou nas xornadas de Catoira sobor “A resistencia cultural de Galicia no franquismo”; ou en Boiro na presentación do libro do meu padriño, Ramón Martínez López, son todas elas testimuñas inesquencibles do teu paso polas terras arousáns.

Isaac, amigo, mestre, dende o meu corazón aseguroche que non caeran no esquecemento. E tí hoxe, como sempre estas vivo e arelante entre todolos arousáns.
Bouza-Brey Villar, Gonzalo
Bouza-Brey Villar, Gonzalo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES