Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adeus, Don Isaac

domingo, 08 de enero de 2012
Vén de finar na Coruña don Isaac Díaz Pardo, cicais o derradeiro “Grande de Galicia” que nos quedaba. O destino, como sempre caprichoso, quixo que tan ilustre persoaxe escollese para iniciar a trascendente viaxe, a mesma data, na víspera de Reis, ca outro ilustre galego, que non galeguista, don Ramón María del Valle Inclán. Semella que os “Grandes” de verdade hasta nestas pequenas cousas son coincidentes.

Admirei a don Isaac desde que tiven coñecemento da sua vida e da sua obra; primeiro como pintor, despois como creador, pensador, ceramista, diseñador, editor, autor literario, empresario, divulgador, aglutinador de vontades, etc., pero sempre, e por enriba de todo, coma un home “bo e xeneroso”, comprometido hasta as últimas consecuencias ca sua Galicia natal e, nestes tempos que corren, no que tantos viven, ¡é como viven!, agochados vaixo o paraugas do galeguismo político, a sua vida foi como unha luminaria e a sua perda deixa un gran valeiro en todos os galegos de bén.

Fóise don Isaac, pero deixa entre nós, para a posteridade, a sua ampla e fructífera obra: pombas e mouchos, fermosísimas vaixelas, Quixotes e Sanchos, mariñeiros e labregos, mendigos e cegos, peregrins e apóstolos, libros, cadros, en fin, Galicia mesma, como testemuña irrefutable de toda unha vida de entrega a un ideal e a unha terra.

Don Isaac viviu toda a sua longa e fructífera vida, coma un grande apaixoado de Galicia, tanto eiquí coma en ultramar, desta mesma Galicia que agora, como nai agarimosa, o acolle no seu seo. Déixanos horfos da sua figura corporal, pero permanecerá para sempre o espíritu do xenio creador e do galego sabio, comprometido coa sua terra e coas suas xentes. Vaia con vostede, don Isaac, a miña despedida emocionada e triste, e o meu agradecemento, que de certo comparto con moitas e moitos compatriotas, pola sua vida e polo seu exemplo.
Durán Mariño, José Luís
Durán Mariño, José Luís


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES