Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inmellorable agasallo

jueves, 05 de enero de 2012
O adro da igrexa facía as veces de ágora grega. Logo de escoitaren a misa das doce discutirían sobre o agasallo ao recén nado... o plebiscito non foi doado como veredes...

O domingo pasado chegaran á conclusión de que o mellor co que podían agasallar ao neno era sen dúbida...un libro. ¿pero cal? ¡Cánta disparidade sobre qué texto escoller!

O ferreiro do lugar, votaba por “Los santos inocentes” de Miguel Delibes; unha dramática historia que a moitos dos alí presentes lles fixo recordar o sometemento ó amo, a dureza da vida dos máis desfavorecidos que traballaban o agro, o cal personalizaron nos seus pais e avós polo que o descartaron... era un bo libro pero triste...

-Entón eu...xa non vos propoño o meu, dixo o carpinteiro. Lin fai pouco “La familia de Pascual Duarte” de Camilo José Cela e fíxome bagoar pola crueldade da narración que tamén ten lugar no rural...

-Pois cambiando de tema e deixando atrás a amargura dos libros antes citados, eu pola miña profesión recoméndovos “El médico” de Noah Gordon.

-¿Toleache? dixo o ferreiro.

-Non non... non hai que ter coñecementos de menciña, é un libro doado de ler. Conta a historia dun home chamado Rob que vai dende Inglaterra ata Persia aliviando a dor allea cos escasos medios que había no século XI, coñecerá o mestre Avicena...

-Non me parece, de tódolos xeitos un libro adecuado dixo o mestre. Eu voto por “El alcalde de Zalamea” ou “La vida es sueño” de Calderón de la Barca.

-¡Aló vai o mestre quitarlle as ansias de ler á criatura antes de que vaia á escola!
Se falamos de agasallalo cunha das mellores obras da literatura española, mercaremos “Don Quijote de la Mancha” de Miguel de Cervantes e aburrirémolo coas innumerables aventuras del e do seu escudeiro Sancho Panza ... Aposto a que moitos dos que aquí estamos, aparcamos o libro na aventura de Sierra Morena ou antes...¡Asusta xa polo tamaño!

Mirade, non dubido de que tanto este libro como os de Calderón de la Barca sexan obras importantísimas da literatura pero son obras moi difíciles de ler, longas, escritas en castelán antigo..., apuntaba o carpinteiro.

-Está ben , dixo o mestre...¿que vos parece logo “Etica para Amador” de Fernando Savater?

O pastor de ovellas riu a esgalla. Era un home moi cultivado, que lera moito no monte namentras coidaba do gando e entre moitos coñecia tal libro.

-¡Os mestres tedes moito de filósofos! ¿Queres darlle normas de civismo antes de que remate de mamar? ¡Mércallo cando cumpla os dezaseis!

O mestre , vendo que as súas suxerencias non daban o froito agardado e sentíndose preso da mofa, marchou.

Fíxose o silencio por un pouco. Todos cavilaban no dichoso libro pero ademáis de non seren moitas as ideas, tiñan medo a meter a zoca e verse burlados ao igual que o mestre.

A fiadeira, como muller que era, sen medo,moi segura de si mesma, atreveuse a tomar a palabra.

-Eu lin fai pouco “Relato de un náufrago” de Gabriel García Márquez e gustoume moito; conta como un home pasou dez días sen comer nin beber, logo de irse a pique o buque no que viaxaba xunto con outros sete...e milagrosamente sobreviviu nunha illa deserta! Foi moita a popularidade da que gozou logo de ser rescatado pero como todo o bo remata, logo dun tempo foi esquecido.

-Paréceme unha boa obra, abofé que si pero a min o libro que máis me fascinou de todos cantos lin (e non son poucos) é “Ensayo sobre la ceguera” de José Saramago; é unha historia apesarada (unha cegueira expándese de maneira fulminante) que nos fai reflexionar sobre a vulnerabilidade humana. Anímovos a que o leades,se alguén quere que llo empreste que veña pola reitoral dixo o cura.

Anoitecía e empezaba a xear. Os cumios das montañas, ao lonxe, aparecían pintadas cun pequeno manto froito da neve. Os prados, con pouca herba pero moi verdes...as leiras de nabos...os piñeiros abaneados polo aire...o son da auga cantando nos regatos...os fumes saíndo das chemineas das casiñas...os cans oubeando á noite...

Un labrador do lugar, con mirada pausada, dirixiuse aos seus veciños e díxolles:

-¿Fai falta que vos diga cal é o libro co que hai que agasallar ó rapaz? Mirade ao voso arredor, mirade onde nace este neno...na profundidade da Terra Chá, neste noso pobo pequeno, arrolado por xente de fazulas encarnadas pero ca pel moura do sol do verán, que levan zocas nos pés e roupa de liño...

Esta meditación fixo que todos se deran conta de que o mellor libro para o neno era... “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”...un neno noviño, nado no rural co cal se podería sentir identificado... pero o que non sabían os veciños desde lugar, é que a este noso particular Balbino chamado Xesús agardábanlle probas máis duras ca o protagonista da historia de Xosé Neira Vilas.
Valle, Kenia
Valle, Kenia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES