Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O home que enganou a Deus

martes, 03 de enero de 2012
Era aquela unha das fábricas da diversidade de proxectos de homes no que consistía o bacharalato, onde a valia entedíamola nós -os aprendices- polos suspensos.
Tempos aqueles, cando eu era unha eminencia !

Entre nós, coma outros moitos, habia un, que ó non sere de Lugo, paraba de fonda. Era outra eminencia coa que me atopaba eu denantes de comezar o curso, nos exámenes de septembro vendémiaire, como nós lle chamabamos, dada a educacion familiar républicana.

Iste outro proxecto, como digo, tampouco facía no verán o que non completara no ano. No estío estabamos moi ocupados en brincar coas raparigas coma gato no pau dos chourizos.

Nós pretendiamos convencermonos de que seríamos protagonistas da revolución pendente (menudos pendentes de saneados nos puxeron nas orellas -por non dicir outro sitio-, aqueles reformadores, non deles mesmos).

Ao que ía, este meu compañeiro, nun arrebato de súbeta devocion atea, mirou ós seus pes, -non ao ceo- e dixo con pousada furia:

-Ai deus ! (por non chamarlle, Manolo, en confianza, penso eu) Se me aprobas as mates (el deixaballe todo para El) vou da miña casa á capela con garavanzos dentro dos zapatos.

Eu, escoitando tal promesa, non me quedei atónito, porque daquela non sabia moi ben o que iso significaba -polo cal me deixou doblemente absorto-, pero o seu veciño (outra eminencia) sí respondeu a tal expresión e, case berrándo, espetoulle:

-Pero ti estás tolo! Garavanzos nos pés! Ainda por riba, co lonxe que queda a tua casa da condenada capela!.

A cousa quedou eisi. Pero a min deixoume furgallando a testa, máis pola resposta do veciño, que pola promesa en si do eminencial penitente. Chegado eu á miña casa fun dereitiño á cociña e puxen garavanzos nos meus zapatos. Metín un pé nun deles e xa non probei co outro, comprín, de pronto, a resposta do seu veciño.

O sudito devoto tivo a mala sorte de aprobar as matemáticas.

Comezado o curso seguinte, e diante da promesa, evidentemente incumplida, tiña que aturar, evidentemente tamen, ós mais revoltosos (non ía eu deixar de comunicar a nova ós mexiriqueiros, quenes aprobaran a susodita asignatura en Messidor -xuño, para os non republicans de pro-).

Os luns, para estoutro proxecto de home, facíanselle, no paseíño polo échafaud, un autentico suplizo.

Ata que noutro lúns -este de inverno- aló vén el polo fondo da multitude sorrindo, brazo en alto, saudando. E, unha vez achegado preto de nós, os bourreaux, todo alporizado e sen coller aire, espeta:

-Xa o fixen!

Quedamos parados. Mais, a el, baixando os ollos de picaro, escápaselle, pouco máis que nun marmurio:
-E que, este domingo, houbo cocido na casa!
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES