Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Lei d´Hont e o nacionalismo galego

lunes, 02 de enero de 2012
A LEI DE D´HONDT NON TEN TODA A CULPA DA ESCASA REPRESENTACIÓN DO NACIONALISMO GALEGO

Cada vez que hai eleccións, escoito con frecuencia comentar as maldades da lei d`Hondt, e que tanto prexudica o nacionalismo galego. Eu estou convencido que a lei incide, pero que o problema principal está noutro lado, e que o diagnóstico que se fai dos resultados dende parte do nacionalismo, non sempre é o adecuado.

Certo é, que hai sistemas que son máis proporcionais que outros. Por desproporcionalidade entendese a desviación entre o porcentaxe de escanos e o de votos obtidos.

Para aclarar o tema, vou a facer un análises comparativo entre sistemas que utilizan a media máis alta, e sistemas que utilizan os restos maiores, e así comprobar, que podemos estar a falar de un escano máis ou menos de representatividade.

Parto dun escenario, no que se emiten 100.000 votos válidos, no que se elixen 8 escanos, que compiten catro partidos políticos: A, B, C, D, que cada un acada por este orden 41.000, 29.000, 17.000 e 13.000 votos respectivamente.

A lei utilizada no sistema español é a d´Hondt ou da media máis alta. Este sistema divide o número de votos válidos entre os díxitos 1, 2, 3, 4, 5, 6, etc, e vai adxudicando escanos o cociente máis alto, neste suposto, o partido A, obtería os escanos: 1, 3, 6 e 8. O partido B, o 2 e o 5; o partido C, o 4 e o D, o número 7.

Fórmula do divisor d´Hont (1; 2; 3; 4; etc.)

Partidovotos (v)v/1v/2v/3v/4 Escanos totais
A41.00041.000 (1)20.500 (3)13.667 (6) 10.250 (8)4
B29.00029.000 (2)14.500 (5)9.6677.2502
C17.00017.000 (4)8.5005.6674.2501
D13.00013.000 (7)6.5004.333 3.2501
TOTAL100.000     


Hai países que utilizan esta mesma fórmula, coa variante Sante-Languë, para minorar o efecto que leva consigo o sistema d´Hondt. Pásanse a dividir os votos válidos por os dividendos impares, o primeiro deles é 1,4; 3; 5; 7, ate adxudicar, acorde, co dividendo maior o número de escanos. Con este sistema, o resultado non varía, alterase minimamente o orden. O Partido A, tería os escanos: 1, 3, 7 e 8. O partido B, 2 e o 5; o partido C, o 4; e o D, o número 6.

Fórmula do divisor Sainte-Laguë modificado (1,4; 3; 5; 7; etc.)

Partidovotos (v)v/1v/2v/3v/4 Escanos totais
A41.00029.286 (1)13.667 (3)8.200 (7)5.857 (8)4
B29.00020.714 (2)9.667 (5)5.8004.1422
C17.00012.143 (4)5.6673.4002.4291
D13.0009.286 (6)4.3332.600  1.8571
TOTAL100.000     


As fórmulas de restos maiores, son as que máis se aproximan a proporcionalide, buscan a chamada representación espello, na que existe semellanza entre o representante e o representado. Lei utilizada, tamén no entorno europeo, o igual que a d´Hondt.
Esta fórmula sae de dividir os votos válidos entre o número de escanos a elixir para ter a cuota a aplicar, a continuación dividise o número de votos de cada partido entre a cuota para facer a adxudicación directa de escanos. O escano que queda bailando é para o resto maior.

Partimos do mesmo escenario, o partido A, tería 3 escanos, perdería 1 en favor do partido C,o resto sería igual.
Fórmula de restos maiores: cuota Hare = 100.000 votos/8 escanos = 12.500

Partidovotos (v)Cuotas HareEscanos por cuotasEscanos por restosEscanos totais
A41.0003,28303
B29.0002,32202
C17.0001,36112
D13.0001,04101
TOTAL100.0008,00 


A esa mesma fórmula pódese aplicar o corrector, o sumar un escano máis, para calcular a cuota. Esta variante da cuota Dropp, perde proporcionalide e achegase a lei d´Hondt.
Podemos comprobar que da os seus mesmos resultados: 4, 2, 1 e 1.
Fórmula de restos maiores: cuota Droop = 100.000 votos/8 +1 escanos = 11.111

Partidovotos (v)Cuotas DroopEscanos por cuotasEscanos por restosEscanos totais
A41.0003,69314
B29.0002,61202
C17.0001,53101
D13.0001,17101
TOTAL100.0009,00 


Apliquemos unha lei o outra, o problema é o número de votos válidos acadados. É moi ilustrativo o que nos indica a campá de Gauss. Ésta infórmanos que a medida que nos alonxemos do centro en dirección oposta pérdense votos, e iso é o que lle pasa o nacionalismo galego. Está situado nese espazo marxinal que nos queda o sumar ou restar a media dúas veces a desviación típica. Está delimitado por as raias negras que o levan a parte esquerda da mesma. A parte dereita estaría ocupada por a extrema dereita.
A Lei d´Hont e o nacionalismo galego
Non é causalidade porque están aí, levan moito tempo querendo ser a esquerda da esquerda, de darlle patadas os votantes que queren a Galiza tanto o máis que eles, de estar berrando e saíndo a rúa cando os acontecementos ten un cariz, e de estar anestesiados cando ten outro, de aliarse, cos que elección tras elección lle restan votos, de dicir que están coas camadas populares e inda non as identificaron, de pensar que contra o PP todo vale, de estar cun discurso trasnoitado e fora de contido, de desprezar todo aquilo que teña que ver co cristianismo, de ser os máis pro abortistas dos abortistas, os máis anticapitalistas e antiliberais, de taparse o nariz e mirar para outro lado cando os acontecementos sopran con vento do norte.

Aqueles polvos trouxeron estes lodos, e así persoas como o senador Xosé Manuel Pérez Bouza, que si que se bateu o cobre no senado, que o deu todo, que estivo onde había que estar, en tempo e en forma, que non calou, non poida ser elixido deputado por a provincia de Ourense, cando tanto se o merecía. Perdemos unha gran voz no parlamento, pero os inimigos non están todos fora están muitos dentro da mesma organización, de seguir nesa dirección, oposta e sen sentido, acaban por ocupar o lugar que lle deixa a esquerda do PSOE, pero nada é por casualidade.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES