Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Barreiro

viernes, 30 de diciembre de 2011
Os focegos acabamos de despedir a quen foi un dos seus mais populares e carismáticos veciños. Xosé Barreiro Pérez chegara á vila hai sesenta anos, procedente das súas terras betanceiras de Coirós, tras aprobar a oposición para Oficial Habilitado da Xustiza e destinado o xulgado de Foz. Mais tarde sería secretario e, despois de xubilado, xuiz de paz.

O seu carácter extrovertido, a naturalidade no trato, a modestia e a simpatía fixeron que de contado se convertera nun personaxe apreciado polas xentes, acollido con agrado en tódo círculo, tertulia e conversa, pois traía a cotío o exemplo didáctico a través de vellos ditos da paisanaxe, os refráns oportunos e os feitos, por él coñecidos ou escoitados, que amenizaban con especial engado e acerto singular todo debate ou coloquio, do que case sempre, sen él propoñerse tal,convertíase no centro do mesmo.

Iste cronista co que, perante anos, convivíu baixo o mesmo teito, é testemuña de excepción do singular dunha personalidade cuxo trato e afecto mútuo perduraron ó longo de décadas, dende a nosa adolescencia.

Nimigo de todo artificio, mesmo á hora de xantar, defendía sempre toda expresión natural en contraposición a modas absurdas ás que él así consideraba. No apaixoante e apaixoado mundo futboleiro decrarábase, por enriba de todo, seguidor do Deportivo da Coruña.

Fiel á súa terra e ás súas xentes, con él gozou dos éxitos e sufríu os fracasos; pero endexamais renegou dos seus sentimentos por mor de arrimar ó sol que mais quenta….

A súa personalidade peculiar, a modestia e simpatía, o enciclopédico saber vital e retranqueiro, o coñecemento e dominio da idiosincrasia das xentes da nosa terra, que facían posible a ilustración en clave de humor en toda xuntanza; a permanente actitude de servizo e atención á veciñanza, fixeron que de contado, dende a chegada a Foz, como decimos, hai 60 anos, Barreiro se gañase a popularidade e o aprecio das nosas xentes das que da grande maioría coñecía nomes e apelidos e relacións familiares.

Mentres o destino o permita permañecerá na nosa memoria.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES