Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Psicofonías amigas

jueves, 29 de diciembre de 2011
Non sei, miña amiga, meu amigo, se andarei algo toleirán porque fago cousas que non cadran coa normalidade.

Son as seis da tarde, vaise achegando a noite de Nadal, e eu debía estar na miña casiña, con calefacción e relativo confort, escribíndovos esta felicitación. Pero non sei por que, non era quen de escribir nada ata que vin parar ao meu despacho da Facultade onde non hai ninguén e mesmo teño frío porque, xa vos decatades, hoxe non prenderon a calefacción. Estouvos algo toliño.

Pero algunha razón haberá. Seguramente preciso destas paredes que albergaron os meus soños ao longo dos últimos anos para tentar recuperalos: atoparme nesta tardiña con todo canto deixo soñado.

Hai silencio total, o ambiente preciso para eu percibir a presenza do máis importante na vida que adoita ser aquilo que xa non se ve, pero está. O anxo que me acompañou desde sempre non o vexo, pero sinto a dozura sedosa das súas asas, a me acariñar os recunchos máis fondos da alma.

As palabras dos que quixen e me quixeron emerxen neste silencio e rebolen no meu espírito: non as vexo, pero están. Todas as noiteboas das que teño gozado, sesenta e nove, foron perdendo a súa referencia visual e son agora coma unha grande sinfonía coral que me envolve en harmonía sen fin.

En resumo, para escribir, precisei destas paredes que quero abandonar agora no xúbilo da xubilación. E o que veña terá que repintalas se non quere escoitar psicofonías como as que neste momento me envolven en felicidade, porque sodes vós, meus amigos, miñas amigas, as que estades a falarme para encher de azos a miña alma.

Poida que estea algo tolo, pero é tolemia da boa, da amizade. Graciñas e bo Nadal.
García Cendán, Bernardo
García Cendán, Bernardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES